Convocada por Resolución de 4 de febreiro de 2010 (Diario Oficial de Galicia nº 78, do 27 de abril de 2010), a provisión do posto de xefe de Servizo de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, esta Dirección Xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 5 da Orde do 15 de xuño de 2009 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 119, do 15 de xuño),
RESOLVE:
Primeiro.-Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe de Servizo de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, convocada por Resolución do 4 de febreiro de 2010 (Diario Oficial de Galicia nº 78, de 27 de abril).
Segundo.-Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo de esta resolución.
Terceiro.-Os aspirantes nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terá a consideración de servizo activo, precibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estebleza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto.-Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Coruña, 28 de xullo de 2010.
Alfredo García Iglesias
Director xerente do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
ANEXO I
Denominación do posto: xefe de Servizo de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: Mª Victoria de Rojas Silva.
DNI: 33274604-K.

