DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 07 de setembro de 2010 Páx. 15.537

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso 2010-2011.

En aplicación do disposto na base vixésimo segunda da Orde do 9 de xuño de 2010 (DOG do 17 de xuño) pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisorio para o curso 2010-2011 aos mestres que non teñen destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública no anexo a esta resolución a adxudicación definitiva dos destinos provisionais obtidos para o curso 2010-2011 aos mestres que non teñen destino definitivo.

Segundo.-A toma de posesión dos referidos destinos será a do 1 de setembro de 2010. Para o persoal interino con nomeamento en vigor, os efectos económicos e administrativos serán do 10 de setembro de 2010.

Non obstante o anterior, este profesorado deberá presentarse o día 1 de setembro no destino que se publica nesta resolución.

Terceiro.-Os nomeamentos serán remitidos no mes de setembro aos interesados e ao centro de destino obtido neste proceso.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2010.

José Manuel Pinal Rodríguez

Director xeral de Centros e Recursos Humanos

Ver referencia pdf "17200D015P029.PDF"