DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 23 de setembro de 2010 Páx. 16.322

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 150/2010, do 16 de setembro, polo que se autoriza a implantación e se suprimen ensinanzas universitarias oficiais nas universidades do sistema universitario de Galicia para o curso 2010-2011 e se crean, suprimen e modifican centros universitarios.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro, transferiulle á comunidade autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola comunidade autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece no seu artigo 8.2º que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola comunidade autónoma, ben por propia iniciativa, co acordo do Consello de Goberno da Universidade, ben por iniciativa da universidade mediante proposta do Consello de Goberno, en ambos os casos con informe previo favorable do Consello Social.

O artigo 35.2º da Lei orgánica 6/2001 establece que, ademais do recollido no parágrafo anterior, as universidades deberán obter a verificación do Consello de Universidades de que o oportuno plan de estudos se axusta ás directrices e condicións establecidas polo Goberno. Na súa virtude, polo Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, estableceuse a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. A verificación positiva dos plans de estudo das titulacións que se autorizan neste decreto foi acordada polo Consello de Universidades.

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia e o Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia e no Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao conducentes ao título de máster ou de doutor, téndose acordado no Consello Galego de Universidades do 5 de novembro de 2007 unhas liñas xerais para a implantación dos estudos de grao e de posgrao no Sistema Universitario de Galicia.

No artigo 3 do Decreto 259/1994, do 29 de xullo, establécese que a autorización para a implantación de estudos no ámbito territorial propio da comunidade autónoma farase por decreto do Consello da Xunta de Galicia. Previamente terá que recibir o informe do Consello Galego de Universidades, de acordo co previsto no artigo 5 j) da Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades.

Baixo a formulación xeral exposta, neste decreto autorízase a implantación de estudos conducentes aos títulos de grao e posgrao (máster universitario e doutor) no sistema universitario de Galicia (SUG), unha vez cumpridos todos os requisitos previos ao acto formal de autorización por parte da Xunta de Galicia.

O deseño da nova oferta de titulacións e especialidades no Sistema Universitario de Galicia, ademais de perseguir o obxectivo irrenunciable da transmisión do coñecemento, debe enmarcarse nun sistema máis aberto, diverso e versátil, que permita e favoreza unha mellor adaptabilidade a unha realidade laboral cambiante en exixencias e capacidades e que facilite e promova a formación ao longo da vida que demanda a sociedade actual.

O proceso de implantación dos novos títulos debe permitir o deseño dunha oferta global cun eficiente aproveitamento dos recursos para mellorar a calidade do SUG. É necesario tender a unha oferta o máis completa e versátil posible e, ao mesmo tempo, diminuír as repeticións dentro do SUG e eliminar as redundancias dentro dunha mesma universidade.

Nas citadas liñas xerais fixouse que no curso 2010-2011 se remate o proceso de transformación da oferta actual do SUG coa implantación das titulacións que requiriron dunha análise especial.

Aínda que é necesario configurar unha oferta dinámica, a primeira fase recolle exclusivamente a adaptación da oferta actual no Sistema Universitario de Galicia ás directrices fixadas no novo marco lexislativo.

Polo que se refire aos títulos de posgrao xa adaptados ao EEES e de cara a axustar o cadro oficial das titulacións do SUG aos títulos realmente impartidos, e de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 66/2007, do 29 de marzo, revógase neste decreto, co acordo das universidades, a autorización para a impartición de tres títulos de máster e un programa de doutoramento.

Tendo en conta que o proceso de adaptación ao EEES non supón só a modificación das titulacións da anterior ordenación das ensinanzas universitarias senón tamén a dos centros en que estas se imparten, neste decreto autorízase a Universidade da Coruña para a creación dun novo centro, por supresión de dous anteriores que se unifican no novo, e a modificación da denominación doutro para adaptalo á estrutura dos novos estudos de grao.

Por todo isto, en aplicación do artigo 8.2º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e do artigo 3.3º do Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta dos consellos de Goberno das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, cos informes previos favorables dos consellos sociais respectivos, verificados positivamente os planos de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable do Consello Galego de Universidades, en exercicio das competencias sinaladas na Lei 2/2003, do 22 de maio, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaseis de setembro dous

mil dez,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Universidade de Santiago de Compostela.

1.1. Estudos de grao.

Campus de Santiago de Compostela.

1. Concédese autorización para que na Facultade de Dereito se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Dereito.

2. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Primaria.

3. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias da Educación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Infantil.

4. Concédese autorización para que no centro adscrito Escola Universitaria de Traballo Social se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Traballo Social.

5. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Óptica e Optometría se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Óptica e Optometría.

6. Concédese autorización para que na Facultade de Farmacia se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Farmacia.

7. Concédese autorización para que na Facultade de Medicina e Odontoloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Medicina.

8. Concédese autorización para que na Facultade de Medicina e Odontoloxía se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Odontoloxía.

9. Concédese autorización para que na Escola Técnica Superior de Enxeñaría se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Química.

Campus de Lugo.

1. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Primaria.

2. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Infantil.

3. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Nutrición Humana e Dietética.

4. Concédese autorización para que na Facultade de Veterinaria se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Veterinaria.

5. Concédese autorización para que na Facultade de Humanidades se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

6. Concédese autorización para que na Escola Politécnica Superior se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía.

7. Concédese autorización para que na Escola Politécnica Superior se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias.

8. Concédese autorización para que na Escola Politécnica Superior se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural.

9. Concédese autorización para que na Escola Politécnica Superior se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural.

10. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais.

2.2. Estudos de posgrao.

1. Máster universitario.

-Máster universitario en Ciencias Odontolóxicas.

-Máster universitario en Computación de Altas Prestacións (interuniversitario).

-Máster universitario en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e do Desenvolvemento (interuniversitario).

-Máster universitario en Industria e Economía Leiteira (interuniversitario).

-Máster universitario en Enxeñaría Industrial.

-Máster universitario en Estudo e Edición de Textos Literarios Españois e Latinoamericanos.

-Máster universitario en Biotecnoloxía.

-Máster universitario en Lecturas sobre a Cidade Histórica. Arte, Patrimonio Cultural e a súa Xestión.

-Máster universitario en Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, Psicoloxía Xurídico-Forense e Intervención Social.

-Máster universitario en Saúde Pública.

-Máster universitario en Xestión Pública.

-Máster universitario en Xestión Sustentable da Terra e o Territorio.

-Máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade.

-Máster universitario en Renovación Urbana e Rehabilitación.

Artigo 2º.-Universidade da Coruña.

1. Estudos de posgrao.

-Doutor ou doutora dentro do programa de doutoramento en Investigación Psicolóxica en Contextos Educativos.

Artigo 3º.-Universidade de Vigo.

1.1. Estudos de grao.

Campus de Vigo.

1. Concédese autorización para que no centro adscrito Escola de Negocios Caixanova se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Administración e Dirección de Empresas.

2. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Estudos Empresariais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Comercio.

3. Concédese autorización para que no centro adscrito Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB María Sedes Sapientae se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Infantil.

4. Concédese autorización para que no centro adscrito Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB María Sedes Sapientae se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Educación Primaria.

5. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Industrial e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Eléctrica.

6. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Industrial e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática.

7. Concédese autorización para que na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación.

8. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Industrial, na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e no centro adscrito Centro Universitario da Defensa-Escola Naval Militar de Marín, se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Mecánica.

9. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Industrial e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría en Química Industrial.

10. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Industrial e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

11. Concédese autorización para que na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.

12. Concédese autorización para que na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría da Enerxía.

13. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Industrial e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría en Organización Industrial.

Campus de Pontevedra.

1. Concédese autorización para que no centro adscrito Escola Universitaria de Enfermaría se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enfermaría.

2. Concédese autorización para que na Escola Universitaria de Enxeñaría Forestal se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Forestal.

Campus de Ourense.

1. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Consultoría e Xestión da Información.

2. Concédese autorización para que no centro adscrito Escola Universitaria de Enfermaría se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enfermaría.

3. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Enxeñaría Agraria.

4. Concédese autorización para que na Facultade de Ciencias se implanten os estudos conducentes ao título de grao en Ciencias Ambientais.

2.2. Estudos de posgrao.

2.1. Máster universitario.

-Máster universitario en Arte Contemporánea, Creación e Investigación.

-Máster universitario en Biodiversidade e Ecosistemas.

-Máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada (interuniversitario).

-Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca.

-Máster universitario en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais.

-Máster universitario en Dirección de Arte en Publicidade.

-Máster universitario en Dirección e Administración de Empresas-MBA.

-Máster universitario en Información Técnica do Medicamento.

-Máster universitario en Integración Económica Rexional e Políticas Comunitarias (interuniversitario).

-Máster universitario en Interpretación de Conferencias.

-Máster universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

-Máster universitario en Oceanografía.

-Máster universitario en Tradución Multimedia.

2.2. Doutoramento.

-Doutor ou doutora dentro do programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases.

Artigo 4º.-Revogación da autorización de impartición de ensinanzas universitarias oficiais.

De acordo co disposto no artigo 9 do Decreto 66/2007, do 29 de marzo, logo de audiencia ás universidades e coa súa conformidade, con informe do Consello Galego de Universidades, acórdase a revogación da autorización para impartir as seguintes ensinanzas universitarias oficiais autorizadas polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro:

1. Máster universitario en Enxeñaría para o Medio Rural pola Universidade de Santiago de Compostela.

2. Programa de doutoramento en Economía e Empresa pola Universidade da Coruña.

3. Máster universitario en Contabilidade e Finanzas e máster universitario en Seguridade Integral na Industria pola Universidade de Vigo.

Artigo 5º.-Modificación da denominación de ensinanzas universitarias oficiais.

1. Logo de resolucións do Consello de Universidades do 15 de xullo e do 14 de outubro de 2009, polas que se corrixe a denominación dos seus plans de estudos, modifícase a denominación do programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e Comunicacións en Sistemas de Telecomunicación da Universidade da Coruña autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro, que pasa a denominarse programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e Comunicacións en Redes Móbiles.

2. Logo de resolución do Consello de Universidades do 13 de maio de 2009 pola que se corrixe a súa denominación, se modifica a denominación do programa de doutoramento en Comunicacións Multimedia da Universidade de Vigo, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo, que pasa a denominarse programa de doutoramento en Aplicacións de Procesamento de Sinal en Comunicacións.

Artigo 6º.-Supresión, modificación e creación de centros universitarios.

1. Acórdase a supresión dos centros da Universidade da Coruña, Escola Universitaria de Estudos Empresariais e Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, situados no campus da Coruña, por creación da Facultade de Economía e Empresa, na cal se unifican os anteriores.

2. Acórdase a modificación da denominación da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Universidade da Coruña, situada no campus de Ferrol, pola de Facultade de Ciencias do Traballo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para que, no ámbito das súas competencias, dite as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-A implantación polas universidades do Sistema Universitario de Galicia dos plans de estudos conducentes á obtención dos títulos que se autorizan neste decreto realizarase coa temporalidade prevista no correspondente plan de estudos verificado polo Consello de Universidades.

Terceira.-A efectiva impartición das ensinanzas autorizadas neste decreto queda condicionada ao procedemento establecido no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e no capítulo VI do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

Cuarta.-A implantación e posta en funcionamento das titulacións que se recollen neste decreto será efectuada polas universidades do Sistema Universitario de Galicia con cargo aos seus recursos e dispoñibilidades orzamentarias. En todo caso a participación económica da Xunta de Galicia será a fixada anualmente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do Plan de Financiamento do SUG.

Quinta.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de setembro de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria