DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 01 de outubro de 2010 Páx. 16.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2010, do Servizo de Infraestruturas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na estrada AC-213 no municipio de Cambre, no treito entre os puntos quilométricos 2r360 ao 3r810 de clave AC/07/128.06, termo municipal de Cambre.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se realizarán con cargo ao programa 512-B, construción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 20 de outubro de 2008 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes procede á aprobación do proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na estrada AC-213 no municipio de Cambre, no treito entre os puntos quilométricos 2r360 ao 3r810 de clave: AC/07/128.06, termo municipal de Cambre.

Con data do 21 de xaneiro de 2010 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 6/2010, publicado no DOG nº 21, do 2 de febreiro.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, na data e na hora que se citan para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, en que se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Cambre

Día: 27 de outubro de 2010.

Horario: das 9.00 ás 13.00 horas.

De Alumnios Altamira, S.L. a Gómez Becerra Juan Carlos.

Día: 28 de outubro de 2010.

Horario: das 9.00 ás 13.00 horas.

De González Martínez Manuel a Parque Michiko Com Home Novo.

Día: 29 de outubro de 2010.

Horario: das 9.00 ás 13.00 horas.

De Pinturas y D. Proinde, S.L. a Vázquez Grela Soledad.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no Concello de Cambre e no Servizo de Infraestruturas da Coruña (praza Luís Seoane, s/n, 8ª-15071 A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e presentar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, e poderán ir acompañados pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo de Infraestruturas da Coruña, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 17 de setembro de 2010.

Antonio N. López Grueiro

Xefe do Servizo de Infraestruturas da Coruña