Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, acordado o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 30 de outubro de 2009 (publicado no BOE do 5 de xaneiro de 2010, por resolución da Secretaría de Estado de Universidades do 13 de novembro de 2009), e a efectos de cumprimento do previsto no artigo 35.4º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, e na redacción dada por la Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado de 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e
Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, esta reitoría
RESOLVE:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de graduado ou graduada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.
Vigo, 15 de outubro de 2010.
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Plan de estudos da titulación de grao en Administración
e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo
Denominación do título: graduado ou graduada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo.
Rama de coñecemento á que se adscribe o título (Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro): Ciencias Sociais e Xurídicas.
Código da titulación: O04G020 (Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Campus de Ourense). V03G020 (Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus de Vigo).
Distribución do plan de estudos en créditos ECTS:
Ver referencia pdf "21300D006P014.PDF"
Ver referencia pdf "21300D007P016.PDF"
Ver referencia pdf "21300D008P018.PDF"