DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 10 de novembro de 2010 Páx. 18.440

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2010 pola que se publica o plan de estudos da titulación de grao en Dirección e Xestión Pública.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), acordado o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 30 de outubro de 2009 (publicado no BOE do 5 de xaneiro de 2010, por resolución da Secretaría de Estado de Universidades do 13 de novembro de 2009), e para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5º.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de

Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de graduado ou graduada en Dirección e Xestión Pública pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 15 de outubro de 2010.

Salustiano Mato de la Iglesia

Reitor da Universidade de Vigo

Ver referencia pdf "21600D011P032.PDF"

Ver referencia pdf "21600D012P034.PDF"