A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 17 de setembro de 2010, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para os efectos da obtención do terreo existente entre o polideportivo e o campo de fútbol proxectado no lugar de Xermaña, parroquia de Caión, coa finalidade de comunicar as dúas instalacións deportivas e darlles maior funcionalidade, segundo proxecto expropiatorio redactado para tal fin.
O acordo notifícaselles aos interesados titulares de bens e dereitos que figuran no expediente, conferíndolles un mes, durante o que poderán formular as observacións e reclamacións que estimen convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.
O proxecto de expropiación sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, cos documentos sinalados no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.
A Laracha, 13 de outubro de 2010.
José Manuel López Varela
Alcalde