Adoptado acordo do Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 1 de outubro de 2010, polo que se autoriza a transmisión dunha licenza para a prestación do servizo de comunicación radiofónica, de carácter comercial, resulta necesario dar publicidade ao mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan na Lei 7/2010, de 31 de marzo, xeral de comunicación audiovisual.
RESOLVO:
Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 1 de outubro de 2010, polo que se outorga autorización para a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación radiofónica, de carácter comercial, da localidade de Cedeira, na frecuencia 101.3 MHz, en favor da sociedade Radio Publi, S.L.
A transmisión non altera as condicións da licenza ou a súa data do vencemento, o 29 de xullo de 2025.
A transmisión está sometida ao pagamento das taxas preceptivas previstas na lexislación vixente unha vez aprobada polo Consello da Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2010.
Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios