DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2011 Páx. 37

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2010 pola que se convocan para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia non competitiva e trámite anticipado de gasto, as axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) aos proxectos de consultoría externa dirixidos á análise económico-financeira das pequenas e medianas empresas.

O Consello de Dirección do Igape, na súa reunión do día 1 de marzo de 2010, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas do Igape aos proxectos de consultoría externa dirixidos á análise económico-financeira das pequenas e medianas empresas, facultando o director xeral a súa convocatoria, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia. As ditas bases publicáronse no Diario Oficial de Galicia nº 76, do 23 de abril de 2010.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Convocar para 2011 as axudas do Igape aos proxectos de consultoría externa dirixidos á análise económico-financeira das pequenas e medianas empresas, aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010 e publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 76, do 23 de abril de 2010, en réxime de concorrencia non competitiva e trámite anticipado de gasto.

Segundo.-Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25º.1 a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro de 2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia como expediente anticipado de gasto, téndose acreditado ao expediente que existe crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos da comunidade autónoma para o exercicio 2011 que dea cobertura orzamentaria do dito gasto. Na súa virtude, a concesión das subvencións condiciónase á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión. Todos os actos de trámite ditados no expediente de gasto se entenderán condicionados a que no momento de se ditar a resolución de concesión subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que foron producidos os ditos actos.

Terceiro.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte), e rematará o 30 de xuño de 2011; ou no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o cal será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es

Cuarto.-Créditos.

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polo seguinte importe:

Partida orzamentaria 2011

E4/10/03-651700 200.000 €

O director xeral do Igape poderá ampliar o crédito e modificar a partida orzamentaria, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30º.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Quinto.-Os requisitos das letras c), e), f), h), i), j), k), l), m) e n) do artigo 20º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010 e publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 76, do 23 de abril de 2010.

Sexto.-Para os efectos desta convocatoria, substitúese o anexo I, formulario de presentación da solicitude, segundo o modelo anexo. O resto dos anexos son os xa publicados coas bases reguladoras das axudas do Igape aos proxectos de consultoría externa dirixidos á análise económico-financeira das pequenas e medianas empresas, aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010 e publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 76, do 23 de abril de 2010.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2010.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

Ver referencia pdf "00100D007P037.PDF"