DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2011 Páx. 529

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MAR

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, pola que se autoriza o Plan de Pesca de Anguía para as confrarías de pescadores das rías de Arousa, Ferrol e Vigo.

Advertidos erros na Resolución do 23 de decembro de 2010 da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños publicada no DOG número 251, do 31 de decembro de 2010, pola que se autoriza o Plan de Pesca de Anguía para as confrarías de pescadores das rías de Arousa, Ferrol e Vigo fanse as oportunas correccións:

Na páxina 21.592

Primeiro.-Participantes.

Onde di: «Unicamente participarán no plan as embarcacións que teñan no seu permiso de explotación autorizada a arte de nasa voitirón ou a de nasa para anguía»; debe dicir: «Unicamente participarán no plan as embarcacións que teñan no seu permiso de explotación autorizada a arte de nasa voitirón ou a de nasa para anguía. Os tripulantes deberán estar debidamente enrolados e a bordo na embarcación en que desenvolven a actividade».

Segundo.-Período.

Onde di:

«-Ría de Arousa: desde o 1 de febreiro ata o 31 de outubro de 2011

-Ría de Ferrol: desde o 3 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2011

-Ría de Vigo: desde o 3 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2011»

Debe dicir:

«-Ría de Arousa: desde o 1 de febreiro ata o 29 de outubro de 2011

-Ría de Ferrol: desde o 3 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2011

-Ría de Vigo: desde o 1 de febreiro ata o 29 de outubro de 2011»