DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2011 Páx. 1.732

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MAR

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 22 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, pola que se aproba o Plan experimental de nasas para a captura de polbo (Octopus vulgaris) nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

Advertidos erros na Resolución do 22 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, pola que se aproba o Plan experimental de nasas para a captura de polbo (Octopus vulgaris) nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia fanse as oportunas correccións:

Na páxina 21.590.

5. Réxime de calamento das nasas.

No segundo parágrafo.

Onde di: «Porén, de cabo Silleiro a cabo Corrubedo, aquelas embarcacións que utilicen nasas pechadas para a captura do polbo (Octopus vulgaris) poderán faenar todo o ano por fóra das liñas de referencia sinaladas no anexo V do Decreto 348/2002, do 13 de decembro, polo que se modifica o Decreto 424/1993, do 17 de decembro, sempre e cando se levanten do seu calamento e sexan levadas a porto todos os días.»

Debe dicir: «Porén, de cabo Silleiro a punta Con de Aguieira, aquelas embarcacións que utilicen nasas pechadas para a captura do polbo (Octopus vulgaris) poderán faenar todo o ano por fóra das liñas de referencia sinaladas no anexo V do Decreto 348/2002, do 13 de decembro, polo que se modifica o Decreto 424/1993, do 17 de decembro, sempre e cando se levanten do seu calamento e sexan levadas a porto todos os días.»

Na páxina 21.591.

7. Horario autorizado.

Onde di:

«O horario será diúrno e a actividade desenvolverase do seguinte xeito:

-Desde o 1 de xaneiro ao 30 de abril e do 1 de novembro ao 31 de decembro de 2011: das 7.00 ás 17.00 horas. O descanso semanal desenvolverase das 17.00 horas do venres ata as 7.00 horas do luns.

-Do 1 de maio ao 31 de outubro de 2011: das 6.00 ás 16.00 horas. O descanso semanal desenvolverase das 16.00 horas do venres ata as 6.00 horas do luns.»

Debe dicir:

«O horario será diúrno e a actividade desenvolverase do seguinte xeito:

-Desde o 3 de xaneiro ao 29 de abril e do 1 de novembro ao 30 de decembro de 2011: das 7.00 ás 17.00 horas. O descanso semanal desenvolverase das 17.00 horas do venres ata as 7.00 horas do luns.

-Do 2 de maio ao 31 de outubro de 2011: das 6.00 ás 16.00 horas. O descanso semanal desenvolverase das 16.00 horas do venres ata as 6.00 horas do luns.»