DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2011 Páx. 2.079

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2011 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 21 de xaneiro de 2011, da Consellería de Facenda (Diario Oficial de Galicia nº 18, do 27 de xaneiro) e do establecido no artigo 9º do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 1 de febreiro, no salón de actos pequeno da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo a que alude a citada resolución.

Conforme o seu resultado, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2011 empezará por aqueles cuxo primeiro apelido empece pola letra L.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2011.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda