DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 02 de marzo de 2011 Páx. 3.453

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 21 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

No marco establecido nos artigos 40º e 49º da Constitución española, na Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego, nos artigos 29º e 30º do Estatuto de autonomía de Galicia, nos obxectivos de crecemento e emprego da Unión Europea, conforme a Extratexia Europea de Emprego, e co obxectivo de que a Comunidade Autónoma de Galicia acade uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social, e de cohesión no territorio, é preciso adoptar políticas que promovan a calidade dun modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade de toda a sociedade galega para crear emprego, en especial para aquelas persoas cuxa integración laboral supón máis dificultades, como son as persoas con discapacidade.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 29º, atribúelle á comunidade autónoma, en concordancia co artigo 149º.1.7 da Constitución española, competencia para a execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facultades, funcións e servizos correspondentes a este ámbito.

O acceso ao emprego é un elemento decisivo para a integración das persoas con discapacidade na economía e na sociedade nun sentido amplo. A Consellería de Traballo e Benestar, en concordancia co desenvolvemento doutras medidas no ámbito social e, na execución das políticas activas de emprego, establece accións específicas para a inserción deste colectivo, que teñen por obxecto a mellora da súa empregabilidade e, coordinadamente, o establecemento de medidas para a súa inserción normalizada no mercado de traballo.

No título VII da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social das persoas con discapacidade, establécese como finalidade primordial da política de emprego de traballadores e traballadoras con discapacidade a súa integración no sistema ordinario de traballo ou, no seu defecto, a súa incorporación ao sistema produtivo mediante fórmulas especiais de traballo protexido, como son os centros especiais de emprego.

O artigo 42º da Lei 13/1982 define os centros especiais de emprego como aqueles cuxo obxectivo principal é realizar un traballo produtivo, participando regularmente nas operacións do mercado e tendo como finalidade asegurar un emprego remunerado e a prestación de servizos de axuste persoal e social que requiran os seus traballadores e as súas traballadoras con discapacidade, ao tempo que é un medio de integración do maior número de traballadores con discapacidade ao réxime de traballo normal.

O cadro de persoal dos centros especiais de emprego debe estar constituído polo maior número de persoas traballadoras con discapacidade que permita a natureza do proceso produtivo e, en todo caso, polo 70% daquel, sen ter en conta o persoal sen discapacidade dedicado aos servizos de axuste persoal e social.

Conforme o previsto no parágrafo 2 do devandito artigo, enténdese por servizos de axuste persoal e social os de rehabilitación, terapéuticos, de integración social, cultural e deportivos que procuren ás persoas traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego unha maior rehabilitación persoal e unha mellor adaptación da súa relación social. Estes servizos poden resultar un instrumento moi útil, sobre todo se orientan as súas funcións, sen descoidar os aspectos culturais, físicos ou de rehabilitación, cara a un axuste laboral que permita facer fronte e superar as barreiras, os obstáculos ou as dificultades que as traballadoras e os traballadores con discapacidade teñen no proceso de incorporación plena a un posto de traballo, así como na permanencia e progresión neste, e en particular para traballadoras e traballadores con especiais dificultades para o acceso ao mercado ordinario de traballo, como son as persoas afectadas polas discapacidades máis graves.

A orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, do 16 de outubro de 1998, establece as bases reguladoras para a concesión das axudas e subvencións públicas destinadas ao fomento da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (BOE nº 279, do 21 de novembro).

O Real decreto 469/2006, do 21 de abril, regula as unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego (BOE nº 96, do 22 de abril). Esta norma regula os contidos esenciais do programa, como son a definición do concepto das unidades de apoio á actividade profesional, as funcións que deben desenvolver e a súa composición, as persoas destinatarias finais do programa e o tipo e a contía das subvencións, e posibilítalles ás comunidades autónomas, nos seus respectivos ámbitos de xestión, o seu desenvolvemento posterior mediante a regulación dos aspectos do procedemento e da adecuación ás súas peculiaridades organizativas.

De conformidade co Decreto 168/1984, do 15 de novembro, de asunción de funcións e servizos, correspóndelle á comunidade autónoma a xestión de calquera tipo de axudas, subvencións e préstamos que realizaba a Unidade Administradora do Fondo Nacional de Protección ao Traballo. Así mesmo, mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, esta comunidade autónoma asumiu as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego (Inem) no ámbito do traballo, o emprego e a formación. Segundo o disposto no Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellarías da Xunta de Galicia e no Decreto 335/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, correspóndelle a esta o exercicio das anteriores competencias e funcións, entre outras materias,

no relativo ás políticas activas de emprego.

Consonte o anterior, correspóndelle a esta consellería a regulación específica, a convocatoria, a xestión e o control das axudas e subvencións para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, segundo a disposición adicional terceira da orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 16 de outubro de 1998, e das subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, segundo a disposición adicional terceira do Real decreto 469/2006, do 21 de abril.

Nesta orde agrúpanse os programas que teñen por obxecto establecer incentivos para a creación de emprego das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego, regulando nos seus anexos A, B, respectivamente, os programas de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego.

Os incentivos para a integración laboral das persoas con discapacidade establecidos nesta orde para a creación de emprego nos centros especiais de emprego complementanse cos previstos na orde desta consellería pola que regulan os programas de incentivos para o fomento da contratatación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e o programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego das persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo.

As bases reguladoras do programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego regulado nesta orde establecen un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que, de acordo coa finalidade e obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión das axudas realizarase pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario, conforme o previsto no Real decreto 357/2006, do 24 de marzo, polo que se regula a concesión directa de determinadas subvencións nos ámbitos do emprego e da formación profesional ocupacional, e o disposto no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para o programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, as bases reguladoras establecen que o procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos establecidos no artigo 19º.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Fondos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, autorizada a exención da obriga de constituír garantías para os pagamentos anticipados e á conta, así como a modificación da porcentaxe máxima destes, polo Consello da Xunta de Galicia, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Capítulo I

Finalidade, ámbito e principios de xestión

Artigo 1º.-Finalidade.

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2011 das subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos seguintes programas:

-Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (anexo A).

-Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego (anexo B).

2. A xestión destes programas realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Traballo e Benestar.

c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

3. As bases específicas de cada un dos programas regúlanse nos correspondentes anexos A e B desta orde e forman parte integrante dela.

Artigo 2º.-Entidades beneficiarias das subvencións.

1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións que se regulan nesta orde os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG nº 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.

2. Poderán solicitar as subvencións establecidas nos programas regulados nesta orde aquelas entidades que solicitaron a súa cualificación como centro especial de emprego. As axudas concederanse desde a data da solicitude de cualificación e, en todo caso, para o seu pagamento será necesario acreditar a dita cualificación.

3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non acharse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non acharse ao corrente de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.

En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4º da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das que se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30º.4 da Lei orgánica 1/2002, en canto non recaia resolución xudicial firme en cuxa virtude se poida practicar a inscrición no correspondente rexistro.

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46º.2 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

5. A xustificación por parte das persoas ou entidades beneficiarias de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de beneficiario realizarase mediante declaración responsable.

Artigo 3º.-Concepto de persoa con discapacidade e persoa desempregada.

1. Para os efectos das axudas previstas nesta orde, terán a condición de persoas con discapacidade as que teñan recoñecida, pola Administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.

De acordo co disposto no artigo 1º.2 da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, en todo caso consideraranse afectados por unha discapacidade igual ou superior ao 33% as persoas pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez e as persoas pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión por xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Nestes supostos, a acreditación do grao de discapacidade realizarase conforme o previsto no Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, polo que se determina a consideración de persoa con discapacidade para os efectos da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (BOE nº 300, do 16 de decembro).

A comprobación da condición de persoas con discapacidade realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Para os efectos das axudas previstas nesta orde, terán a consideración de persoas desempregadas aquelas que figuren inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego e que carezan de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

A comprobación da inscrición no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego, na data de alta na Seguridade Social dos traballadores e traballadoras con discapacidade, realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que a inscrición fose realizada noutro servizo público de emprego distinto do da Comunidade Autónoma de Galicia.

Igualmente, a comprobación de carecer de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social na data da súa alta na Seguridade Social das persoas traballadoras que se incorporan ao centro especial de emprego polas que se solicita a subvención, realizaraa directamente o órgano xestor das axudas.

Artigo 4º.-Normativa aplicable.

As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas e subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, de 21 de xullo; na orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, do 16 de outubro de 1998, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas e subvencións públicas destinadas ao fomento da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego; no Real decreto 357/2006, do 24 de marzo, polo que

se regula a concesión directa de determinadas subvencións nos ámbitos do emprego e da formación profesional ocupacional; no Real decreto 469/2006, do 21 de abril, polo que se regulan as unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego e nesta orde.

Capítulo II

Normas comúns: competencia e procedemento

Artigo 5º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes das subvencións previstas nesta orde, por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar, corresponderalles:

a) Aos xefes e ás xefas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, cando se trate de solicitudes de subvencións do custo salarial e para a adaptación de postos de traballo referidas a centros de traballo radicados na respectiva provincia.

b) Á persoa titular da Dirección Xeral de Promoción do Emprego cando se trate de solicitudes de axudas para a creación ou a ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego, para o saneamento financeiro, para o equilibrio orzamentario de centros especiais de emprego, e as solicitudes de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego.

Artigo 6º.-Solicitudes e prazos.

1. As solicitudes de subvencións dirixiranse ao órgano competente para resolver, e presentaranse nos rexistros das respectivas xefaturas territoriais ou, se for o caso, na Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, ou por calquera das formas previstas no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Os prazos de presentación de solicitudes do programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, regulado no anexo A desta orde, serán os seguintes:

a) As solicitudes de asistencia técnica, subvención financeira e subvención en función do investimento en activo fixo, para proxectos de creación ou de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego, poderán presentarse ata o 15 de setembro de 2011.

b) Para a subvención do custo salarial deberá presentarse unha única solicitude que comprenderá as mensualidades do último trimestre do ano 2010 e a previsión dos custos salariais polas mensualidades ata setembro de 2011, ésta incluída. O prazo para a presentación desta solicitude finalizará o 15 de abril de 2011.

Para os centros especiais de emprego que soliciten a súa cualificación e inicien á súa actividade con posterioridade ao 15 de abril de 2011 por seren de nova creación, a solicitude poderá presentarse ata o 15 de setembro de 2011.

c) As solicitudes de subvención para adaptación de postos de traballo presentaranse con anterioridade á realización da adaptación, e ata o 15 de setembro de 2011.

Non obstante, as adaptacións de postos de traballo realizadas entre o 16 de setembro de 2010 e a data de publicación desta orde poderán acollerse ás súas axudas. Neste caso, a solicitude poderá presentarse ata o 15 de abril de 2011.

d) As solicitudes de axudas para o saneamento financeiro e o equilibrio orzamentario dos centros especiais de emprego poderán presentarse ata o 15 de setembro de 2011.

3. O prazo de presentación de solicitudes do programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, regulado no anexo B desta orde, será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

4. As solicitudes e os anexos dos programas están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar: http//traballo.xunta.es.

Para a formalización das solicitudes de subvención e as solicitudes dos pagamentos fraccionados da subvención do custo salarial poderá empregarse a aplicación informática de axuda facilitada pola Consellería de Traballo e Benestar na súa páxina web, na epígrafe de axudas e subvencións.

5. Para a presentación de solicitudes os beneficiarios poderán contar co asesoramento do persoal técnico de emprego da rede coordinada pola Consellería de Traballo e Benestar.

Artigo 7º.-Autorizacións.

1. A presentación da solicitude de subvención pola persoa ou entidade interesada comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non obstante, a persoa ou entidade solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, daquela deberá entregar coa solicitude a certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.

Conforme o previsto no artigo 11º do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, no caso de que a entidade solicitante sexa unha institución sen ánimo de lucro, a obriga de presentar as devanditas certificacións poderá ser substituída pola declaración responsable da entidade solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.

2. Mediante a presentación da solicitude de subvención a persoa ou entidade interesada presta expresamente o seu consentimento á Consellería de Traballo e Benestar para incluír e facer públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, nos rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e de sancións administrativas, regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44º e 45º da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006. (DOG nº 153, do 9 de agosto). Os dereitos de acceso, rectificación, consulta, cancelación e oposición de datos de carácter persoal exerceranse ante o CIXTEC como responsable dos ficheiros con domicilio na rúa Domingo Fontán, 9-15702 Santiago de Compostela, de conformidade coas prescricións da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

3. Coa presentación da solicitude de subvención a persoa ou entidade interesada autoriza expresamente a Consellería de Traballo e Benestar para que, de acordo co establecido nos números 3 e 4 do artigo 13º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta orde no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial, con expresión da convocatoria, o programa, o crédito orzamentario co que se imputan, a entidade beneficiaria, a contía concedida e a finalidade da subvención.

4. Coa presentación da solicitude de subvención, mediante o anexo XIV desta orde, a persoa interesada autoriza expresamente a Consellería de Traballo e Benestar, de conformidade co establecido no artigo 2º do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e na orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos seus datos no Sistema de Verificación de Datos de Identidade. En caso de non prestar a autorización deberá presentar a fotocopia do documento acreditativo da identidade da persoa solicitante.

5. A presentación de solicitudes ao abeiro desta orde supón a existencia de autorización expresa de todas as persoas traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego, para a cesión de datos á Consellería de Traballo e Benestar, relativos ao tipo e grao de discapacidade.

6. En cumprimento do disposto no artigo 5º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmaselle que os datos persoais recollidos na solicitude se incorporarán ao ficheiro Axudas de Promoción do Emprego para o seu tratamento coa finalidade da xestión, avaliación, seguimento e estatística destes programas. A presentación da solicitude supón a cesión de datos persoais á Consellería de Traballo e Benestar por parte da entidade solicitante, polo que esta é responsable de informar a persoa traballadora sobre a existencia e finalidade da cesión así como da obtención do seu consentimento. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei pódense exercer dirixindo un escrito á Dirección Xeral de Promoción do Emprego, como responsable do ficheiro, no enderezo Edificio administrativo San Lázaro, s/n-15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou no seguinte enderezo electrónico: lopd.traballo@xunta.es

Artigo 8º.-Procedemento de concesión, instrución e tramitación.

1. O procedemento de concesión das subvencións do programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, regulado no anexo A desta orde, axustarase ao disposto no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

O procedemento de concesión do programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, regulado no anexo B desta orde, tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos establecidos no artigo 19º.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O órgano instrutor dos expedientes será, de acordo coa competencia para coñecer e resolver as solicitudes, o Servizo de Promoción do Emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, ou o Servizo de Apoio aos Emprendedores e á Integración Laboral das Persoas con Discapacidade da Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, que realizarán as actuacións necesarias para determinar o coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales débese formular a proposta de resolución.

Esta fase completarase incorporando ao expediente a información que conste na Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, sobre as autorizacións administrativas e inscricións no rexistro como centros especiais de emprego, así como o seu recoñecemento e inscrición como centro especial de emprego sen ánimo de lucro, conforme o previsto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG nº 138, do 19 de xullo, corrección de erros DOG nº 147, do 2 de agosto).

3. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación exixida, as unidades administrativas encargadas da tramitación do expediente, de conformidade co disposto no artigo 71º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirán a persoa ou entidade interesada para que, nun prazo máximo e improrrogable de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos coa advertencia de que, se así non o fixese, se considerará por desistida da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42º da antedita lei.

Artigo 9º.-Resolución e recursos.

1. Logo da fiscalización polas respectivas intervencións das propostas emitidas polos correspondentes servizos, as resolucións serán ditadas polo órgano competente, por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar, e deberán serlles notificadas ás persoas ou entidades interesadas. As resolucións, concesorias ou denegatorias, deberán ser sempre motivadas.

2. O prazo para resolver e notificar a resolución será de seis meses que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude de acordo co establecido no artigo 1º e no artigo 2º da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Notificada a resolución polo órgano competente, as persoas ou entidades interesadas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

Artigo 10º.-Xustificación e pagamento.

1. A xustificación por parte da persoa ou entidade beneficiaria do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda ou subvención e da aplicación dos fondos percibidos realizarase nos termos e condicións establecidos nos anexos A e B desta orde.

2. A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme co establecido no artigo 29º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido nos correspondentes anexos desta orde.

4. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

A xustificación do pagamento dos gastos obxecto da subvención deberá acreditarse mediante transferencia bancaria.

5. As empresas e entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa para o pagamento no prazo establecido na resolución de concesión, ou, se é o caso, ata o 15 de novembro de 2011. Excepcionalmente, este prazo poderá ser prorrogado en 15 días de forma extraordinaria e por causas debidamente xustificadas.

6. Non poderá realizarse en ningún caso o pagamento da subvención mentres a persoa ou entidade beneficiaria non figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas-e da Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da comunidade autónoma.

7. A documentación exixida para a fase de pagamento poderá presentarse xunto coa solicitude a opción da entidade ou persoa interesada. Neste suposto, poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.

Artigo 11º.-Pagamentos á conta e anticipos de pagamento.

1. Poderán realizarse pagamentos á conta e anticipos de pagamento, nos termos previstos neste artigo, para as subvencións do custo salarial e as subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego.

2. Unha vez emitida a resolución de concesión en función da documentación acreditada coa solicitude poderán realizarse pagamentos á conta da subvención concedida, que supoñan a realización de pagamentos fraccionados que responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas, e aboaranse pola contía equivalente á xustificación. Realizarase un primeiro pagamento polo importe das mensualidades xustificadas e as restantes aboaranse conforme as entidades beneficiarias vaian presentando as xustificacións.

3. No suposto de que as entidades beneficiarias estean recoñecidas como centros especiais de emprego sen ánimo de lucro, conforme o previsto no artigo 10º do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG nº 138, do 19 de xullo), poderá realizarse un pagamento anticipado do 90% do total da subvención concedida con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para levar a cabo as actuacións inherentes á subvención.

Unha vez que as cantidades xustificadas superen as anticipadas, aboaranse o resto das mensualidades conforme o pagamento fraccionado e final de acordo co establecido nos anexos desta orde.

Estas entidades deberán solicitar o pagamento anticipado conxuntamente coa solicitude inicial. Neste caso, e logo da súa concesión, deberán achegar a documentación exixida para o pagamento fraccionado das mensualidades de outubro, novembro, decembro e a segunda paga extra do ano 2010 e xaneiro de 2011. Unha vez concedido o pagamento anticipado, as entidades beneficiarias quedan obrigadas a presentar a documentación para o pagamento fraccionado das restantes mensualidades nun prazo máximo de 45 días naturais desde o último día de cada mes.

4. O importe conxunto dos pagamentos á conta e dos pagamentos anticipados que, se é o caso, se concedesen, non poderá ser superior a unha porcentaxe do 90% da subvención concedida.

5. Para realizar estes pagamentos anticipados e á conta, as entidades beneficiarias quedan eximidas da obriga de constituír garantías, conforme o disposto no artigo 67º.4 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 12º.-Incompatibilidades e concorrencia.

1. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria.

2. As subvencións establecidas para cada programa son incompatibles coas establecidas para os demais programas previstos nesta orde.

3. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos en cada programa desta orde.

Artigo 13º.-Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias.

Son obrigas das persoas ou entidades beneficiarias das subvencións:

a) Realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Traballo e Benestar, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza, e en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

De acordo con esta obriga, o centro especial de emprego deberá anunciar que está sendo subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar no seu domicilio social, nos seus centros de traballo e nos seus vehículos. Para isto incorporarán un rótulo visible ao público incluíndo o nome do centro, a expresión «centro especial de emprego» e o logotipo Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Os formatos que se utilicen serán proporcionados pola Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

i) Ter levado a cabo a organización preventiva, a auditoría, se procede, e o plan de prevención, de acordo co previsto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e a normativa regulamentaria de desenvolvemento.

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

k) Cando o centro especial de emprego sexa beneficiario da subvención financeira, no prazo de 30 días desde a data en que teña coñecemento do pagamento efectivo da subvención, ten que presentar certificación expedida pola entidade financeira, acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

Artigo 14º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

Artigo 15º.-Revogación e reintegro.

Procederá a revogación das subvencións e axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 16º.-Seguimento e control.

As xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar e a Dirección Xeral de Promoción do Emprego poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos, as persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Aos centros especiais de emprego que perciban as subvencións reguladas nesta orde seralles de aplicación, para os efectos de seguimento e control, o disposto no artigo 13º do Real decreto 2273/1985, do 4 de decembro, polo que se aproba o Regulamento dos centros especiais de emprego, e deberán achegar a memoria anual conforme o previsto no artigo 8º do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento.

Artigo 17º.-Devolución voluntaria da subvención.

De acordo co establecido no artigo 64º do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas ou entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta de Nova Caixa Galicia 2091 0300 47 3110063172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a persoa ou entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Disposicións adicionais

Primeira.-Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da comunidade autónoma, a Consellería de Traballo e Benestar levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

Para realizar estas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Consellería de Traballo e Benestar para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Segunda.-A Consellería de Traballo e Benestar poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas nos diferentes programas desta orde.

Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da consellería de Traballo e Benestar nos xefes/as territoriais, no ámbito das súas respectivas provincias, e na persoa titular da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, así como para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas entidades beneficiarias, respecto das resolucións concesorias das que traen causa, ditadas por delegación da persoa titular da consellería. Así mesmo, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar na persoa titular da Dirección Xeral de Promoción do Emprego para a tramitación e resolución dos expedientes de desconcentración dos créditos necesarios para o financiamento desta orde.

Cuarta.-A presentación da solicitude de subvención ao abeiro desta orde implicará a aceptación da cesión de datos que poidan realizarse a favor doutras administracións públicas para os efectos de estatística, avaliación e seguimento.

Quinta.-A concesión das subvencións previstas para o ano 2011 nesta orde estará limitada aos créditos das aplicacións orzamentarias establecidas na disposición adicional sexta desta orde. Se é o caso, e de acordo co disposto no artigo 31º.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Promoción do Emprego o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Sexta.-En virtude do anterior, no exercicio económico 2011, as subvencións reguladas nesta orde, entre outras, financiaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias previstas na Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2011, e coa seguinte distribución inicial de importes de créditos por programas:

Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (anexo A desta orde):

Aplicación orzamentaria Importe crédito

(en euros)

12.04.322C.470.1, código de proxecto 2011 00592 10.000.000,00

Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego (anexo B desta orde):

Aplicacións orzamentarias Importe crédito

(en euros)

12.04.322C.470.1, código de proxecto 2011 00592 350.000,00

12.04.322C.470.2, código de proxecto 2011 00600 350.000,00

12.04.322C.481.0, código de proxecto 2011 00627 100.000,00

12.04.322C.481.1, código de proxecto 2011 00625 50.000,00

Estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas do fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Promoción do Emprego para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2011.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO A

Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego

Obxecto e tipos de axuda

Primeira.-Obxecto.

O obxecto deste programa é incentivar a creación, ampliación e mantemento de emprego nos centros especiais de emprego mediante o financiamento parcial de iniciativas ou proxectos técnica, económica e financeiramente viables que xeren emprego, preferentemente estable, para traballadores e traballadoras con discapacidade.

Segunda.-Tipos de axuda.

Neste programa recóllense as accións subvencionables e tipos de axudas seguintes:

a) Proxectos de creación e de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego.

-Axudas para asistencia técnica.

-Subvención financeira.

-Subvención en función do investimento en activo fixo.

b) Mantemento de centros especiais de emprego.

-Subvención do custo salarial.

-Subvención para a adaptación de postos de traballo.

-Subvención para o saneamento financeiro.

-Subvención para o equilibrio orzamentario.

Terceira.-Proxectos de creación e de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego.

1. As axudas para a creación e a ampliación de centros especiais de emprego reguladas neste anexo teñen por finalidade apoiar os proxectos xeradores de emprego de carácter estable para persoas con discapacidade, a través da creación de novos postos de traballo para persoas con discapacidade inscritas como demandantes de emprego non ocupadas no servizo público de emprego ou no suposto de transformación en indefinidos dos contratos temporais de fomento de emprego de persoas con discapacidade ou de transformación en indefinidos dos contratos de duración determinada ou temporais, incluídos os formativos, sempre que se xustifique adecuadamente o investimento que implica o proxecto para algunha ou algunhas das seguintes accións:

a) Axudas para asistencia técnica.

Poderanse subvencionar os gastos ocasionados pola asistencia técnica necesaria para a creación ou ampliación de centros especiais de emprego.

Esta asistencia técnica só poderá solicitarse durante o primeiro ano, contado desde a data de constitución do centro, e deberán prestala empresas ou persoas físicas especializadas que reúnan garantía de solvencia profesional e poderá consistir nalgunha das modalidades seguintes:

-Estudos de viabilidade, organización, comercialización e outros de natureza análoga.

-Contratación de directores/as, xerentes ou técnicos/as, por un período máximo dun ano.

-Auditorías e informes económicos, sempre que estes non se realicen de xeito obrigatorio por unha disposición que así o exixa.

-Labores de asesoramento nas diversas áreas de xestión empresarial, excluídas as tarefas que, pola súa natureza, teñan carácter ordinario e continuado na actividade da empresa.

b) Subvención financeira.

A subvención financeira ten por finalidade facilitar o emprego nos centros especiais de emprego, mediante a redución dos xuros dos préstamos para financiar investimentos en activo fixo, concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo e Benestar e solicitados a nome dos centros especiais de emprego. Non obstante, no caso de constitución do centro especial de emprego, poderase destinar ata un 25% do préstamo a financiar o activo circulante.

Esta subvención será, como máximo, de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo, pagadoira dunha soa vez, en contía calculada como se a subvención se xerase cada ano da duración deste, incluído o posible período de carencia.

c) Subvención en función do investimento en activo fixo.

Aqueles centros especiais de emprego que se consideren proxectos de recoñecido interese social poderán beneficiarse dunha axuda á creación de emprego calculada en función do investimento en activo fixo que se realice, excluídos os impostos que graven a adquisición.

2. As iniciativas e proxectos referentes aos centros especiais de emprego que soliciten as axudas recollidas no número anterior deberán reunir viabilidade técnica, económica e financeira e supoñer a creación de emprego estable. A subvención máxima polo conxunto dos tres tipos de axudas poderá acadar a contía de 12.000 euros por cada posto de traballo creado con carácter indefinido para traballadores e traballadoras con discapacidade.

Para os efectos destas subvencións unicamente serán subvencionables aqueles novos postos de traballo que, sendo cubertos con persoas con discapacidade con carácter estable, sexan creados a partir do 16 de setembro de 2010 e supoñan incremento respecto ao cadro de persoal fixo de persoas con discapacidade que tiña o centro no derradeiro expediente de axudas a proxectos de creación e de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego.

Para a determinación da contía das axudas aplicaranse os criterios de gradación seguintes:

a) A porcentaxe de traballadores e traballadoras con discapacidade respecto do total do cadro de persoal do centro especial de emprego: só se poderá acadar a contía máxima da subvención cando o número de traballadores e traballadoras con discapacidade supere o 90% do cadro de persoal. Se o número de traballadores e traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego está comprendido entre o 70% e o 90% do total do seu cadro de persoal, a subvención por posto de traballo creado con carácter estable poderá ser de ata o 90% da contía máxima.

Tamén se poderá acadar a contía máxima cando o número de persoas con discapacidade supere o límite mínimo legal (70%) e se complete o cadro de persoal ata superar o 90% coa contratación doutros colectivos en risco de exclusión social. A situación de exclusión social deberá acreditarse documentalmente e, para os efectos, entenderanse por colectivos na dita situación os seguintes:

-Persoas perceptoras da Renda de integración social de Galicia ou aquelas que non poidan acceder a ela, ben por falta do período exixido de residencia ou empadroamento ou ben por ter esgotado o período máximo de percepción legalmente establecido, ou membros da súa unidade familiar en desemprego.

-Persoas que participen ou participasen en procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados.

-Internos e internas de centros carcerarios cuxa situación penal lles permita acceder a un emprego, así como liberados/as condicionais ou ex-reclusos/as que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado despois dun período de privación de liberdade.

-Mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral.

-As persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de vítima de violencia doméstica por parte dalgún membro da unidade familiar de convivencia.

-Persoas que abandonaran o exercicio da prostitución que se incorporen ao mercado laboral.

-Perosas transexuais ou en procesos de reasignación sexual que se incorporen ao mercado laboral.

-Menores internos/as incluídos/as no ámbito de aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, cuxa situación lles permita acceder a un emprego, así como os que estean en situación de liberdade vixiada e os ex-reclusos e ex-reclusas.

-Mozos e mozas que estean ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da Administración autonómica.

-Traballadores e traballadoras inmigrantes que pasen a ser residentes da comunidade cuxas características condicionen as súas posibilidades de integración social.

-Emigrantes retornados/as con graves necesidades persoais ou familiares.

-Persoas que formen parte de colectivos ou minorías cuxas características poidan condicionar as súas posibilidades de integración social.

-Traballadores e traballadoras cunha discapacidade acreditada inferior ao 33%.

Para os efectos de determinar a porcentaxe de traballadores e traballadoras con discapacidade, non se computará o persoal sen discapacidade dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social, así como o que preste servizos naquelas actividades ou postos de traballo específicos que, pola súa propia natureza ou complexidade, non poidan ser desempeñados por persoas con discapacidade.

Entenderanse por servizos de axuste persoal e social os de rehabilitación, terapéuticos, de integración social, culturais e deportivos que procuren ao traballador ou traballadora con discapacidade do centro especial de emprego unha maior rehabilitación persoal e mellor adaptación da súa relación social.

b) Natureza e grao da discapacidade dos traballadores e traballadoras contratados/as: as contías máximas das axudas, unha vez aplicado o criterio da alínea a) anterior, poderán ser acadadas cando sexan persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%, ou sexan persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%. Noutro caso, a contía máxima da subvención poderá ser de ata o 90%.

c) Natureza e grao da discapacidade da totalidade dos traballadores e traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego: as contías máximas das axudas, unha vez aplicados os criterios das alíneas a) e b) anteriores, poderán ser acadadas no caso de que máis da metade do cadro de persoal con discapacidade do centro sexan persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%, ou sexan persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 %. Noutro caso, a contía máxima da subvención poderá ser de ata o 90%.

No caso de tratarse de centros sen ánimo de lucro, segundo a cualificación rexistral do artigo 10º do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, soamente será de aplicación o criterio de gradación establecido na alínea a) anterior.

No caso de contratacións indefinidas a tempo parcial, os importes das axudas serán proporcionais á duración da xornada estipulada no contrato.

Cuarta.-Mantemento de centros especiais de emprego.

Para o mantemento de postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade, establécense as seguintes axudas:

a) Subvención do custo salarial correspondente aos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade que realicen unha xornada de traballo laboral normal e que estean en alta na Seguridade Social, cuxo importe se determinará de acordo coas seguintes regras:

-Primeira. Ata un importe do 75% do salario mínimo interprofesional correspondente, como máximo, ás mensualidades de outubro, novembro e decembro de 2010 e, se é o caso, á segunda paga extraordinaria do ano 2010.

Conforme o anterior, o importe da subvención correspondente ás mensualidades do ano 2010 será de 474,98 euros/mes ou 15,83 euros/día. No suposto de ter rateadas as pagas extraordinarias, o importe será de 554,14 euros/mes, ou 18,47 euros/día.

-Segunda. Ata un importe do 75% do salario mínimo interprofesional correspondente, como máximo, ás mensualidades de xaneiro a setembro de 2011 e unha paga extraordinaria para os postos de traballo ocupados por persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33% e por persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%.

Conforme o anterior, o importe da subvención correspondente ás mensualidades do ano 2011 será de 481,05 euros/mes ou 16,04 euros/día. No suposto de ter rateadas as pagas extraordinarias, o importe será de 561,23 euros/mes, ou 18,71 euros/día.

-Terceira. Ata un importe do 50% do salario mínimo interprofesional correspondente, como máximo, ás mensualidades de xaneiro a setembro de 2011 e unha paga extraordinaria para os postos de traballo ocupados polas demais persoas cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.

Conforme ao anterior o importe da subvención correspondente ás mensualidades do ano 2011 será de 320,70 euros/mes ou 10,69 euros/día. No suposto de ter rateadas as pagas extraordinarias o importe será de 374,15 euros/mes, ou 12,47 euros/día.

No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a subvención experimentará unha redución proporcional á xornada laboral realizada.

No suposto de que nun mesmo mes se produzan variacións na duración da xornada laboral do traballador ou da traballadora con discapacidade, soamente se terá en conta para calcular a contía que se concederá nesa mensualidade a porcentaxe da xornada laboral inferior.

Cando o traballador ou traballadora se atope en situación de incapacidade temporal, o importe da subvención salarial referirase exclusivamente aos días en que o pagamento sexa por conta, obrigatoriamente, do centro especial de emprego, de conformidade co que dispoña a normativa da Seguridade Social.

Subvencionaranse dúas pagas extraordinarias ao ano, correspondentes ao período e xornada en alta na Seguridade Social, incluído o período en que o traballador ou traballadora con discapacidade se atope en situación de incapacidade temporal. Igualmente, será subvencionable o período de vacacións anuais retribuído e cotizado, no cal se incluirá, así mesmo, o período en que o traballador ou traballadora con discapacidade se atope en situación de incapacidade temporal.

Non se concederá a subvención do custo salarial correspondente á mensualidade en que o traballador ou traballadora con discapacidade estivese prestando servizos a través de dous ou máis contratos de natureza temporal.

Non se subvencionará a contratación de novos traballadores ou traballadoras con discapacidade cando os postos de traballo que ocupen quedasen vacantes como consecuencia dun despedimento declarado ou recoñecido improcedente.

b) Subvención para adaptación de postos de traballo e eliminación de barreiras arquitectónicas, nunha contía máxima de 1.800 euros por posto de traballo, sen que en ningún caso sexa superior ao custo real.

c) Subvención, por unha soa vez, destinada a equilibrar e sanear financeiramente os centros especiais de emprego co fin de lograr a súa reestruturación para alcanzar niveis de produtividade e rendibilidade que garantan a súa viabilidade e estabilidade.

d) Subvención dirixida a equilibrar o orzamento nos centros especiais de emprego que carezan de ánimo de lucro e sexan de utilidade pública e imprescindibles polo labor que realizan.

Non se poderán conceder subvencións para o equilibrio orzamentario cando os resultados económicos adversos deriven dunha xestión deficiente do centro.

Para a concesión e determinación da contía desta subvención aplicarase o disposto no artigo 12º do Real decreto 2273/1985, do 4 de decembro, polo que se aproba o Regulamento dos centros especiais de emprego, polo que se terá en conta:

-A actividade, dimensión, estrutura, titularidade e xerencia do centro.

-A composición do seu cadro de persoal, con especial atención á proporción de traballadores e traballadoras con discapacidade respecto do total no centro especial de emprego, así como á natureza e grao de minusvalidez dos seus compoñentes, en relación coa súa capacidade produtiva e de adaptación ao posto de traballo que desempeñen.

-A modalidade e condicións dos contratos subscritos.

-As variables económicas que concorran no centro en relación co seu obxecto e función social.

-Os servizos de axuste persoal e social que lles preste o centro aos seus traballadores e traballadoras con discapacidade.

Solicitudes, documentación e xustificación

Quinta.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos á orde e deberán ir acompañadas do orixinal, copia compulsada ou copia cotexada, da documentación que se relaciona:

1. Documentación común para todos os tipos de axudas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante da entidade en caso de non prestar a autorización, no modelo anexo XIV da orde, á Consellería de Traballo e Benestar para a consulta dos seus datos no Sistema de Verificación de Datos de Identidade.

Se o solicitante é persoa xurídica, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade e CIF da empresa.

b) De ser o caso, para os centros de nova creación solicitude de cualificación e inscrición do centro especial de emprego.

c) Memoria que recolla a titularidade do centro, enderezos dos centros de traballo, actividades, cumprimento ou non dos seus obxectivos económicos e de axuste persoal e social, e as causas que as motivaron. No caso de centros que realicen contratos previstos no Real decreto 346/2005, do 8 de abril, polo que se regula o cumprimento alternativo con carácter excepcional da cota de reserva en favor de traballadores e traballadoras con discapacidade, a memoria conterá a tipoloxía das accións realizadas e os recursos aplicados de acordo co artigo 4.1º do citado real decreto.

Para as solicitudes de subvención do custo salarial, agás os centros de nova creación, e para adaptación do posto de traballo non será necesario a presentación desta memoria.

d) Certificación da relación nominal dos traballadores e traballadoras do cadro de persoal do centro especial de emprego con indicación da relación das persoas traballadoras con discapacidade contratadas e daquelas polas cales se solicita a subvención, a relación do persoal traballador de axuste persoal e social que teña o centro e daquelas persoas traballadoras non afectadas por discapacidade, con indicación das que realizan servizos e/ou ocupan postos que pola súa especificidade non pode realizar o persoal con discapacidade (segundo o modelo do anexo III-A), agás no caso da subvención ao custo salarial e para adaptación de postos de traballo en que se xuntará unha relación nominal dos traballadores/as con discapacidade polos cales se solicita subvención.

e) Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, polas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo modelo anexo XIII).

f) Documentación acreditativa de que se encontran ao día das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas-e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma, unicamente no suposto de que quen solicita lle denega expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

Non obstante, quedan exentas de presentar as devanditas certificacións aquelas entidades recollidas no artigo 49º da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

g) Declaración responsable, entre outros extremos, de non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiario previstas no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e autorizacións (segundo o modelo do anexo XIV).

h) Ficha de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que quen solicita é titular da conta (segundo o modelo do anexo XV).

2. Documentación específica para a axuda de asistencia técnica:

a) Memoria explicativa do contido da modalidade de asistencia solicitada.

b) Cando se trate da modalidade de contratación, o curriculum vitae da persoa que vai prestar o servizo.

c) Cando se trate de estudos ou de asesoramento, o orzamento detallado e un índice do seu contido, así como a memoria da entidade ou o curriculum vitae da persoa que realice o estudo ou asesoramento.

3. Documentación específica para a subvención financeira:

a) Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimento e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da súa necesidade.

b) Compromiso da entidade financeira sobre a súa concesión, en que figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ao convenio subscrito para tal fin (segundo o modelo do anexo IV-A) ou, de ser o caso, o contrato de préstamo xa formalizado.

c) Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polos provedores ou acredores dos activos fixos que se financiarán co préstamo.

4. Documentación específica para as subvencións en función do investimento en activo fixo:

a) Memoria ampliada do proxecto e antecedentes.

b) Detalle do plan de investimentos en activos fixos e calendario para a súa execución, xunto coas facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro forma e orzamentos expedidos polos provedores ou acredores.

c) Estudo económico-financeiro de viabilidade do proxecto.

d) Balance de situación e conta de perdas e ganancias dos dous últimos exercicios.

5. Documentación específica para a subvención do custo salarial:

a) Relación nominal dos traballadores e traballadoras con discapacidade por quen se solicita a subvención polo total do período subvencionable, correspondente ao mes de outubro de 2010, en función dos que se vai realizar o cálculo da resolución de concesión anual, e contía solicitada (segundo o modelo do anexo VII-A).

b) Documentación do cadro de persoal de novos/as traballadores e traballadoras con discapacidade: contratos de traballo, altas e variacións de datos na Seguridade Social e, de ser o caso, resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) en que recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou resolución do Ministerio de Economía e Facenda ou do Ministerio de Defensa que recoñeza unha pensión por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

c) Fotocopia compulsada dos documentos TC-1 e TC-2, correspondentes á mensualidade de outubro 2010.

d) Recibos de salarios e documento bancario de transferencia que acredite o seu pagamento, dos traballadores e traballadoras con discapacidade, correspondentes á mensualidade de outubro de 2010.

e) Nos supostos de incapacidade temporal na mensualidade de outubro de 2010, achegaranse os partes de baixa e alta.

Para o caso de centros que inician a súa actividade por ser de nova creación, e solicitan a súa cualificación como centros especiais de emprego deberán presentar toda a documentación relacionada neste número referida ao primeiro mes polo que se solicita a subvención.

6. Documentación específica para a subvención de adaptación de postos de traballo:

a) Relación nominal dos traballadores e traballadoras con discapacidade por quen se solicita a subvención (segundo o modelo do anexo VII-A).

b) Memoria explicativa do obxecto da axuda e xustificación da súa necesidade.

c) Orzamento ou facturas pro forma do investimento que se vai realizar.

7. Documentación específica para as subvencións de saneamento financeiro ou equilibrio orzamentario:

a) Memoria explicativa do desequilibrio económico ou orzamentario e a súa orixe: antecedentes do centro.

b) Estudo económico-financeiro de viabilidade.

c) Balances de situación e conta de perdas e ganancias dos dous últimos exercicios.

8. As solicitudes das persoas ou entidades interesadas acompañarán os documentos sinalados para cada tipo de axuda, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso, o solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia nos que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa ou entidade solicitante a súa presentación con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Sexta.-Pagamento e xustificación.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación do orixinal, copia compulsada ou copia cotexada, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da documentación común e da específica que se exixa de forma expresa nela, entre a cal deberá figurar a relacionada nos puntos seguintes:

A. Documentación común:

a) No caso de centros especiais de emprego de nova creación, certificación da inscrición da entidade no Rexistro de Centros Especiais de Emprego.

b) Documentación xustificativa para acreditar o cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda.

c) Declaración complementaria da establecida na base quinta, número 1, letra e) deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do anexo XIII).

B. Documentación específica:

a) Cando se trate de asistencia técnica na súa modalidade contractual, xuntarase copia do contrato e alta na Seguridade Social. Para as outras modalidades de asistencia técnica, xuntaranse as facturas acreditativas do custo do servizo recibido e, para o caso da elaboración de estudos ou informes, presentarase copia del.

b) Cando se trate da subvención financeira, xuntarase copia do contrato de préstamo, e facturas xustificativas da realización do investimento en inmobilizado fixo e documentos acreditativos do seu pagamento mediante transferencia bancaria.

c) Cando se trate da subvención en función do investimento en activo fixo, xuntaranse documentos xustificativos da súa realización e do seu efectivo pagamento mediante transferencia bancaria.

d) Cando se trate dalgunha das axudas recollidas na base terceira deste anexo, achegarase documentación acreditativa da contratación e alta na Seguridade Social, das persoas con discapacidade que ocupan os novos postos de traballo creados con carácter estable.

e) A xustificación para a percepción da subvención para adaptación de postos de traballo requirirá a presentación da documentación xustificativa da súa realización e do seu efectivo pagamento.

De ser o caso, resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou resolución do Ministerio de Economía e Facenda ou do Ministerio de Defensa que recoñeza unha pensión por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

2. Para os efectos de proceder aos pagamentos fraccionados da subvención do custo salarial, a entidade beneficiaria deberá presentar, referida á mensualidade ou mensualidades polas que se solicita, a seguinte documentación:

a) Relación nominal dos traballadores e traballadoras con discapacidade polos que se solicita o pagamento fraccionado e a contía solicitada (segundo o modelo do anexo VIII-A).

b) Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia que acrediten o seu pagamento.

c) Documentos TC1 e TC2 ingresados da mensualidade ou mensualidades polas cales se solicita o pagamento á conta.

d) De ser o caso, copia dos contratos de traballo e partes de alta á Seguridade Social, correspondentes aos novos traballadores contratados no mes obxecto de pagamento á conta, así como todas as variacións de datos á Seguridade Social realizadas no dito mes.

De ser o caso, resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou resolución do Ministerio de Economía e Facenda ou do Ministerio de Defensa que recoñeza unha pensión por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

e) Nos supostos de incapacidade temporal, achegarase parte de baixa e alta.

3. O pagamento final da subvención do custo salarial concedida realizarase unha vez presentada a documentación relacionada no número anterior, referida aos meses pendentes de pagamento.

Co pagamento final da subvención farase unha única resolución revogatoria ou complementaria, se da documentación presentada pola entidade beneficiaria para o pagamento quedase xustificada outra contía de subvención da inicialmente concedida.

Se coa documentación xustificativa para o pagamento final da subvención concedida no exercicio 2011 quedase acreditada unha contía superior da inicialmente concedida, emitirase unha resolución de concesión polo incremento cuxo pagamento se efectuará con cargo aos créditos que financian esta orde.

4. Cando se soliciten e concorran varias subvencións só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude como na de xustificación.

ANEXO B

Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego

Finalidade, obxecto e ámbito

Primeira.-Finalidade.

A finalidade deste programa é promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-Obxecto.

O obxecto deste programa é subvencionar os custos salariais e de Seguridade Social por conta da empresa derivados da contratación indefinida do persoal traballador dás unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, previstos no artigo 42º da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social das persoas con discapacidade, como instrumentos de modernización destes servizos de axuste.

Terceira.-Concepto de unidade de apoio á actividade profesional.

Enténdese por unidades de apoio á actividade profesional os equipos multiprofesionais enmarcados dentro dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, que mediante o desenvolvemento das funcións e dos cometidos previstos na base 4ª deste anexo, permiten axudar a superar as barreiras, obstáculos ou dificultades que as persoas traballadoras con discapacidade dos ditos centros teñen no proceso de incorporación a un posto de traballo, así como a permanencia e progresión neste.

Cuarta.-Funcións das unidades de apoio á actividade profesional.

O persoal integrado nas unidades de apoio á actividade profesional definidas na base anterior desenvolverá as seguintes funcións:

a) Detectar e determinar, logo de valoración de capacidades da persoa e análise do posto de traballo, as necesidades de apoio para que a persoa traballadora con discapacidade poida desenvolver a súa actividade profesional.

b) Establecer as relacións precisas co contorno familiar e social das persoas traballadoras con discapacidade, para que este sexa un instrumento de apoio e estímulo ao/á traballador/a na incorporación a un posto de traballo e á estabilidade neste.

c) Desenvolver cantos programas de formación sexan necesarios para a adaptación da persoa traballadora ao posto de traballo así como ás novas tecnoloxías e procesos produtivos.

d) Establecer apoios individualizados para cada traballadora ou traballador e posto de traballo.

e) Favorecer e potenciar a autonomía e independencia das persoas traballadoras con discapacidade, principalmente, no seu posto de traballo.

f) Favorecer a integración de novas persoas traballadoras ao centro especial de emprego mediante o establecemento dos apoios adecuados para tal fin.

g) Asistir a persoa traballadora do centro especial de emprego no proceso de incorporación a enclaves laborais e ao mercado ordinario de traballo.

h) Detectar e intervir nos posibles procesos de deterioración evolutiva das persoas traballadoras con discapacidade co fin de evitar e atenuar os seus efectos.

Quinta.-Persoal destinatario final.

1. O persoal destinatario final deste programa serán as traballadoras e os traballadores con discapacidade dos centros especiais de emprego que se encontren nalgún dos supostos que se describen a seguir:

a) Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%.

b) Persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%.

2. As unidades de apoio á actividade profesional poderán prestar servizo tamén aos traballadores e traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego que non inclúa o punto anterior, sempre e cando a dedicación a este persoal traballador non menoscabe a atención do persoal incluído no punto anterior.

Subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional

Sexta.-Entidades beneficiarias das subvencións.

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións que se regulan neste programa os centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran cos seguintes requisitos:

a) Que formen parte do seu cadro de persoal traballadores e/ou traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no punto 1 da base 5ª deste anexo.

b) Dispoñer, ou ter previsto dispoñer nos prazos correspondentes, de unidades de apoio á actividade profesional, que teñan a composición establecida na base 8ª deste anexo.

Sétima.-Subvencións e a súa contía.

1. As subvencións establecidas neste programa destinaranse a financiar os custos salariais e da Seguridade Social por conta da empresa derivados da contratación indefinida do persoal traballador das unidades de apoio á actividade profesional nos centros especiais de emprego, para o desenvolvemento das funcións descritas para estas na base 4ª.

2. A contía da subvención establécese en 2.400 euros anuais por cada traballadora ou traballador co tipo e grao de discapacidade indicados no punto 1 da base 5ª, con contrato por tempo indefinido ou mediante contrato temporal de duración igual ou superior a seis meses.

A subvención de 2.400 euros reducirase proporcionalmente en función da duración dos contratos das persoas traballadoras con discapacidade, que sendo tidos en conta para o cálculo da subvención segundo o punto anterior, teñan unha duración inferior ao ano, así como en función da duración da xornada no suposto de que o contrato sexa a tempo parcial.

Non obstante, aqueles centros especiais de emprego sen ánimo de lucro, conforme o previsto no artigo 10º do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, que teñan no seu cadro de persoal 5 ou menos traballadores e/ou traballadoras con discapacidade indicados no punto 1 da base 5ª deste anexo, cun contrato indefinido e a xornada completa, poderán percibir unha subvención de ata o 50% dos custos da unidade de apoio á actividade profesional, segundo o previsto no punto 1 desta base.

3. Estas subvencións concederanse por períodos anuais, logo de solicitude por parte do centro especial de emprego, e terase en conta para o cálculo da contía destas o número de traballadoras e traballadores con discapacidade que se encontren nos supostos indicados no punto 1 da base 5ª e a composición da unidade de apoio á actividade profesional acreditados no momento da presentación da solicitude.

4. Serán subvencionables os custos salariais e da Seguridade Social correspondentes ás mensualidades desde outubro de 2010 ata setembro de 2011, ambas inclusive.

No suposto de traballadores e traballadoras con discapacidade con contratos temporais de duración igual ou superior a seis meses, este período debe estar comprendido dentro do período subvencionable.

5. A contía da subvención en ningún caso poderá exceder o fixado no convenio colectivo de aplicación para o posto de traballo do persoal traballador da unidade de apoio á actividade profesional.

Oitava.-Composición das unidades de apoio á actividade profesional.

1. Os centros especiais de emprego que accedan a estas subvencións deberán dispoñer de unidades de apoio á actividade profesional cuxa composición se establecerá de acordo cos módulos que se indican a seguir:

a) Ata 15 persoas traballadoras con discapacidade das indicadas no punto 1 da base 5ª, 1 persoa profesional técnica de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencia equiparables, polo menos ao 20% da súa xornada, e 1 persoa encargada de apoio á produción a tempo completo, ou o número de persoas que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.

b) De 16 a 30 persoas traballadoras, 1 persoa profesional técnica de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencia equiparables, polo menos ao 80% da súa xornada, e 2 persoas encargadas de apoio á produción a tempo completo, ou os que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.

c) De 31 a 45 persoas traballadoras, 2 persoas profesionais técnicas de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencia equiparables, unha delas a tempo completo e a outra polo menos ao 50% da súa xornada, e 3 persoas encargadas de apoio á produción a tempo completo, ou o número de persoas que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.

d) De 46 a 60 persoas traballadoras, 2 persoas profesionais técnicas de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencia equiparables, a tempo completo e 4 persoas encargadas de apoio á produción a tempo completo, ou o número de persoas que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.

e) De 61 a 75 persoas traballadoras, 3 persoas profesionais técnicas de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencia equiparables, dúas delas a tempo completo e a outra polo menos ao 50% da súa xornada, e 5 persoas encargadas de apoio á produción a tempo completo, ou o número de persoas que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.

f) Para máis de 75 persoas traballadoras, establecerase o cadro de persoal da unidade de apoio á actividade profesional proporcionalmente, segundo os criterios anteriormente expresados.

2. Cando o número de persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no punto 1 da base 5ª ao que se dirixe o servizo non se corresponda cos topes de cada módulo, o tempo de dedicación do persoal das unidades de apoio á actividade profesional será proporcional ao número das ditas persoas traballadoras con discapacidade.

3. A entidade beneficiaria deberá acreditar o mantemento da proporcionalidade exixida na composición dos módulos establecidos nesta base durante todo o período subvencionado. Cando por causas xustificadas se produzan vacantes do persoal que integra estas unidades, deberán ser cubertas co fin de manter a proporcionalidade establecida anteriormente.

Solicitudes, documentación e xustificación

Novena.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos a esta orde e deberán ir acompañadas do orixinal, copia compulsada ou copia cotexada, da documentación que se relaciona:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante da entidade, en caso de non prestar a autorización, no modelo anexo XIV desta orde, á Consellería de Traballo e Benestar para a consulta dos seus datos no Sistema de Verificación de Datos de Identidade.

Se o solicitante é persoa xurídica, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade e CIF da empresa.

b) De ser o caso, para os centros de nova creación solicitude de cualificación e inscrición do centro especial de emprego.

c) Memoria que recolla a titularidade do centro, enderezos dos centros de traballo, actividades, cumprimento ou non dos seus obxectivos económicos e de axuste persoal e social e as causas que o motivaron. No caso de centros que realicen contratos previstos no Real decreto 346/2005, do 8 de abril, polo que se regula o cumprimento alternativo con carácter excepcional da cota de reserva en favor de traballadores e traballadoras con discapacidade, a memoria conterá a tipoloxía das accións realizadas e os recursos aplicados de acordo co artigo 4º.1 do citado real decreto.

d) Certificación da relación nominal dos traballadores e traballadoras do cadro de persoal do centro especial de emprego, con indicación daquelas persoas traballadoras con discapacidade polas cales se solicita a subvención, a relación do persoal traballador de axuste persoal e social que teña o centro e daquelas persoas traballadoras non afectadas por discapacidade, con indicación das que realizan servizos e/ou ocupan postos que pola súa especificidade non pode realizalos o persoal con discapacidade (segundo o modelo do anexo XI-B).

e) Documentación acreditativa do cadro de persoas traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego: contrato de traballo dos novos traballadores polos cales se solicita subvención.

f) Memoria descritiva das funcións que vai desenvolver a unidade de apoio á actividade profesional, e cada un dos traballadores e traballadoras que a integran, segundo as recollidas na base 4ª deste anexo. Esta memoria deberá incluír, cando menos, os obxectivos, recursos, orzamento, fases de implantación e sistemas de avaliación dos resultados.

g) Documentación relativa á unidade de apoio á actividade profesional: certificación da relación nominal do persoal traballador que a compón, segundo o modelo anexo XII-B, e contratos de traballo e curriculum vitae xunto cos documentos que acrediten a súa formación e experiencia.

h) Orzamento de gastos relativos aos custos salariais e de Seguridade Social das persoas traballadoras con contrato indefinido das unidades de apoio á actividade profesional polos que se solicita a subvención, referido ao período subvencionable, xunto con copia das nóminas, e documento de transferencia bancaria que xustifique o pagamento destas, correspondentes ás mensualidades xa aboadas na data da solicitude.

i) Fotocopia compulsada dos documentos TC-1 e TC-2, correspondentes aos meses polos que se solicita a subvención xa ingresados, conforme as normas da Seguridade Social, na data da solicitude.

j) Documentación acreditativa, se é o caso, dos traballadores e traballadoras con discapacidade procedentes do centro especial de emprego, contratados indefinidamente ou con contrato de traballo de, polo menos, seis meses, por empresas do mercado ordinario de traballo nos últimos dous anos.

k) Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, das administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do anexo XIII).

l) Documentación acreditativa de se encontraren ao día das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas-e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma, unicamente no suposto de que quen solicita denegase expresamente a autorización ao órgano concedente para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

Non obstante, quedan exentas de presentar as devanditas certificacións aquelas entidades recollidas no artigo 49º da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

m) Declaración responsable, entre outros extremos, de non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiario previstas no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e autorizacións (segundo o modelo do anexo XIV).

n) Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que quen solicita é titular da conta (segundo o modelo do anexo XV).

2. Ás solicitudes xuntaránselles os documentos sinalados no número anterior, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso o solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Criterios de avaliación e de adxudicación.

Xustificación e pagamento

Décima.-Comisión e criterios de avaliación e de adxudicación.

1. O órgano competente para emitir o informe de avaliación será a Comisión de Avaliación que terá a seguinte composición:

Presidencia: a persoa titular da Subdirección Xeral de Apoio á Contratación, aos Emprendedores e ao Traballo Autónomo.

Vogais: o xefe ou xefa do Servizo de Apoio aos Emprendedores e á Integración Laboral das Persoas con Discapacidade, e un funcionario ou unha funcionaria do servizo, designada pola persoa titular da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, que actuará como secretario ou secretaria.

2. A valoración das solicitudes presentadas efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Porcentaxe de traballadores e traballadoras con discapacidade con contrato indefinido respecto do total de traballadores e traballadoras con discapacidade do cadro de persoal do centro especial de emprego. Ata 30 puntos.

b) Porcentaxe de traballadores e traballadoras co tipo e grao de discapacidade descritos na base 5ª.1 deste anexo, sobre o total de traballadores e traballadoras do centro especial de emprego. Ata 30 puntos.

c) Porcentaxe de mulleres co tipo e grao de discapacidade descritos na base 5ª.1 deste anexo, sobre o total de traballadores e traballadoras co dito tipo e grao de discapacidade do centro especial de emprego. Ata 20 puntos.

d) Número de traballadores e traballadoras con discapacidade procedentes do centro especial de emprego, con contrato indefinido ou con contrato de traballo de, polo menos, seis meses, subscrito por empresas do mercado ordinario de traballo nos últimos dous anos. Ata 15 puntos.

e) Emprego da lingua galega na elaboración da memoria e no desenvolvemento da unidade de apoio á actividade profesional. Ata 5 puntos.

3. Non obstante, non será necesario fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos, para o caso de que o crédito consignado nesta convocatoria fose suficiente atendendo ao número de solicitudes unha vez finalizado o prazo de presentación, conforme o previsto no artigo 55º do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. O órgano instrutor elevaralle o informe da Comisión de Avaliación xunto coa proposta de concesión ao órgano de resolución.

Undécima.-Pagamento e xustificación.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento da subvención quedará condicionado á presentación do orixinal, copia compulsada ou copia cotexada, da documentación que se exixa de forma expresa na resolución de concesión, xustificativa da realización da actividade para a que se concedeu a subvención.

2. No caso de centros especiais de emprego de nova creación, o pagamento da subvención estará condicionado á presentación da certificación da inscrición da entidade no Rexistro de Centros Especiais de Emprego.

3. Para os efectos de proceder ao pagamento fraccionado, a entidade beneficiaria deberá presentar, referida ás mensualidades polas que se solicita, a seguinte documentación:

a) Orzamento de gastos relativos aos custos salariais e de Seguridade Social do persoal traballador indefinido das unidades de apoio á actividade profesional polo que se concedeu a subvención, xunto con copia das nóminas e documento de transferencia bancaria que xustifique o pagamento destas.

b) Fotocopia compulsada dos documentos TC-1 e TC-2.

c) Documentación acreditativa do cadro de persoas traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego incluídas no punto 1 da base 5ª: certificación da permanencia ou variacións deste persoal, mediante o modelo anexo XI-B da orde. Para o suposto de novas contratacións, contratos de traballo.

d) Declaración complementaria do establecido na base novena, número 1, letra m) deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo modelo anexo XIII).

4. O pagamento final da subvención concedida realizarase unha vez presentada a documentación relacionada no número anterior, referida a todo o período subvencionado, xunto coa memoria xustificativa do cumprimento dos obxectivos previstos pola unidade de apoio á actividade profesional no desenvolvemento das súas funcións.

Na resolución de concesión establecerase que o pagamento final da subvención concedida quedará condicionada á presentación por parte da entidade beneficiaria dos orixinais das nóminas das persoas traballadoras da unidade de apoio á actividade profesional subvencionadas, correspondentes ás mensualidades subvencionadas, para ser marcados cun selo, indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe da nómina se imputa total ou parcialmente á subvención. Neste último caso, indicarase ademais a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

5. Non poderá realizarse en ningún caso o pagamento da subvención mentres o beneficiario non se atope ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teña pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.

6. Se da documentación presentada pola entidade beneficiaria quedase xustificada unha contía inferior de subvención da inicialmente concedida, emitirase a correspondente resolución revogatoria.

Obrigas

Décimo segunda.-Obrigas das entidades beneficiarias.

Son obrigas das entidades beneficiarias das subvencións previstas neste anexo, ademais das xerais recollidas no artigo 13º da orde, as seguintes:

a) Manter os postos de traballo obxecto da subvención polo período subvencionable. Cando se produzan vacantes do persoal que integra as unidades de apoio á actividade profesional, deberán ser cubertas co fin de manter a proporcionalidade establecida na base 8ª deste anexo. A cobertura do novo posto terá que realizarse no prazo dun mes desde a data da baixa, feito que deberá ser comunicado pola entidade beneficiaria á Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, dentro dos quince días seguintes á substitución.

b) Manter no seu cadro de persoal o número de persoas con discapacidade, en función dos que se concedeu a subvención, segundo o establecido na base 7º.2 deste anexo. No suposto de diminución deste número de persoas traballadoras con discapacidade, ou da duración dos contratos ou da súa xornada de traballo, procederá a revogación parcial da subvención concedida.

Ver referencia pdf "04200D002P009.PDF"

Ver referencia pdf "04200D003P042.PDF"