Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002, Lugo.
Denominación: instalación de subministración eléctrica en A.T. a centro de interpretación da Mariña Lucense.
Situación: concello de Foz.
Características técnicas:
-L.M.T.S. a 20 kV, consistente en anelar o C.T. proxectado entre o C.T. Ardey II e o C.T. Rifer II, cunha lonxitude de 360 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.
-C.T. compacto de exterior tipo miniblock (Ormazábal), cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.
-R.B.T.S. baixo tubo con orixe no cadro de baixa tensión do C.T. proxectado e final na B.T.V. do edificio do Centro de Interpretación da Mariña Lucense, cunha lonxitude total de 75 metros en condutor tipo R.V.-240.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 20 de xaneiro de 2011.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

