DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 04 de marzo de 2011 Páx. 3.634

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 34/2011, do 17 de febreiro, polo que se dispón a substitución de dous vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias.

O artigo 20º da Lei 5/2007, do 7 de maio, e o artigo 6º do Decreto 223/2007, do 5 de decembro, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega de Emerxencias, establecen a composición do seu Consello Reitor. Así mesmo, dispón que os vogais serán nomeados e cesados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta da persoa titular da consellería competente en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

De conformidade con iso, mediante o Decreto 336/2009, do 11 de xuño, nomeáronse os vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias.

Atendendo á designación efectuada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola Delegación do Goberno en Galicia para substituír un representante das súas respectivas organizacións no Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de febreiro de dos mil once,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese Isabel Vila Barbosa, como vogal do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias en representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, agradecéndolle os servizos prestados.

Artigo 2º

Que cese José Luis Ucieda Somoza, como vogal do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias en representación da Delegación do Goberno en Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Artigo 3º

Nomear a Ethel Vázquez Mourelle, directora xeral de Infraestruturas, vogal do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias en representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Artigo 4º

Nomear a Pedro Siaba Piñeiro, xefe da Unidade de Protección Civil, vogal do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias en representación da Delegación do Goberno en Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de febreiro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza