DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Venres, 18 de marzo de 2011 Páx. 4.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de demasías da concesión de explotación San Rafael 2946.

Con data do 27 de decembro de 2010, tivo entrada, na Sección de Minas desta xefatura territorial, unha instancia presentada pola sociedade Explotaciones Gallegas, S.L., con enderezo no Lugar de Cebreiro, s/n, 15821 O Pino, na que se solicita o outorgamento como demasías, de acordo co establecido nas disposicións transitorias 7ª da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas e 5ª da Lei 5/1980, do 5 de novembro, de modificación da Lei de minas, con especial atención aos recursos minerais enerxéticos, do terreo franco e non rexistrable existente en 56 cuadrículas mineiras, ocupadas parcialmente pola concesión de explotación de recursos mineiros da sección c) San Rafael número 2946.

Ver referencia pdf "05500D030P066.PDF"

Todas as persoas que se consideren afectadas por esta solicitude de demasías poderán examinar o expediente na Sección de Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, edificio administrativo Monelos, 2º andar, praza de Luís Seoane, s/n, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso, terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 57º do Regulamento xeral para o réxime da minaría (Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, BOE número 295, do 11 de decembro) e o artigo 21º da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG número 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 21 de febreiro de 2011.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña