DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Mércores, 23 de marzo de 2011 Páx. 4.898

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 18 de febreiro de 2011 pola que se declaran de utilidade pública diversas asociacións inscritas no Rexistro Provincial de Asociacións da Coruña.

Por iniciativa das correspondentes asociacións, poderán ser declaradas de utilidade pública aquelas que reúnan os requisitos establecidos no artigo 32º da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións.

Os expedientes foron instruídos de conformidade co previsto no Real decreto 1740/2003, do 19 de decembro, sobre procedementos relativos a asociacións de utilidade pública, e nestes consta a documentación e os informes previstos na citada norma.

O Decreto 157/2008, do 10 de xullo, sobre asunción de funcións da Administración do Estado traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o Real decreto 1080/2008, do 30 de xuño, en materia de declaración de utilidade pública de asociacións, asigna estas funcións á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, establecendo que será competente para resolver o procedemento de declaración de utilidade pública a persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, logo da instrución do procedemento polo órgano correspondente.

De conformidade cos informes favorables de declaración de utilidade pública, emitidos pola instrutora dos expedientes,

RESOLVO:

Declarar de utilidade pública as seguintes asociacións:

-Asociación Cocina Económica de Ferrol, inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións da Coruña, co número 1996/4176-1ª.

-Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros-Adisbismur, inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións da Coruña, co número 1982/1192-1ª.

Contra esta orde que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, podendo interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza