DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Venres, 01 de abril de 2011 Páx. 5.766

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

DECRETO 51/2011, do 17 de marzo, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

A Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, traspón ao ordenamento xurídico español a Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, establecendo as disposicións e os principios necesarios para garantir o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, simplificando os procedementos e impulsando a modernización das administracións públicas.

Para alcanzar o obxectivo de reformar significativamente o marco regulador non abonda co establecemento dos principios xerais que deben rexer a regulación actual e futura das actividades de servizos, senón que é preciso proceder a un exercicio de avaliación de toda a normativa reguladora do acceso ás actividades de servizos e do seu exercicio, para adecuala aos principios que a dita lei establece. Como consecuencia, publicouse a Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, que modifica expresamente as leis vixentes afectadas pola citada directiva, entre elas, a Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria.

En consecuencia, a nivel estatal, foi necesario modificar diversos regulamentos en materia de seguridade industrial, a través do Real decreto 560/2010, do 7 de maio, e do Real decreto 249/2010, do 5 de marzo, para adecualos ao establecido nas citadas Lei 17/2009, do 23 de novembro, e Lei 25/2009, do 22 de decembro.

A adaptación concreta da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, e da Lei 17/2009, do 23 de novembro, ao ámbito da seguridade industrial, exixe, con respecto á realización da actividade, que se presente unha declaración responsable e se cumpran determinados requisitos, como o emprego de medios técnicos específicos regulados na normativa española ou a dispoñibilidade dun seguro profesional, polo que, de acordo co disposto no artigo 12º.3 da Lei 17/2009, do 23 de novembro, se fai necesaria a exixencia destes requisitos.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten a responsabilidade de harmonizar a súa lexislación en materia de seguridade industrial, eliminando os obstáculos que se opoñen á liberdade de establecemento e á circulación dos prestadores de servizos en Galicia. Esta obriga cúmprese coa aprobación deste decreto, adaptando a normativa autonómica ás disposicións e principios da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro.

O decreto consta de dezanove artigos, unha disposición adicional, tres disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e dúas disposicións derradeiras.

Na súa virtude, logo de ser sometido ao trámite de consulta, de acordo co ditame do Consello Consultivo, por proposta do conselleiro de Economía e Industria e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día dezasete de marzo de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Empresas instaladoras de alta tensión.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas instaladoras de alta tensión, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo I, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas instaladoras de alta tensión cumprirán os requisitos que se establecen na normativa reguladora das condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas de alta tensión.

Artigo 2º.-Empresas instaladoras de baixa tensión.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas instaladoras de baixa tensión, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo II, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas instaladoras de baixa tensión cumprirán os requisitos que se establecen na normativa reguladora de baixa tensión.

Artigo 3º.-Empresas instaladoras de gas.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas instaladoras de gas, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo III, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas instaladoras de gas cumprirán os requisitos que se establecen na normativa reguladora da distribución e o uso dos combustibles gasosos.

Artigo 4º.-Empresas instaladoras e mantedoras de instalacións térmicas en edificios.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas instaladoras de instalacións térmicas en edificios, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo IV, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. Antes de comezar as súas actividades como empresas mantedoras de instalacións térmicas en edificios, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo IV, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que o mantemento das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

3. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

4. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

5. As empresas instaladoras e mantedoras de instalacións térmicas en edificios cumprirán cos requisitos que se establecen na normativa reguladora de instalacións térmicas nos edificios.

Artigo 5º.-Empresas instaladoras de protección contra incendios.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas instaladoras de protección contra incendios, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo V, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas instaladoras de protección contra incendios cumprirán os requisitos que se establecen na normativa reguladora de instalacións de protección contra incendios.

Artigo 6º.-Empresas mantedoras de protección contra incendios.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas mantedoras de protección contra incendios, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo VI, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que o mantemento das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas mantedoras de protección contra incendios cumprirán cos requisitos que se establecen na normativa reguladora de instalacións de protección contra incendios.

Artigo 7º.-Empresas conservadoras de ascensores.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas conservadoras de ascensores, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo VII, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que as actividades de mantemento e reparación se efectúan de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas conservadoras de ascensores cumprirán cos requisitos e obrigas que se establecen na normativa xeral de apararellos de elevación e na específica de ascensores.

Artigo 8º.-Empresas instaladoras de guindastres torre.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas instaladoras de guindastres torre, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria,, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo VIII, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas instaladoras de guindastres torre cumprirán os requisitos que se establecen na normativa xeral de aparellos de elevación e na específica de guindastres torre.

Artigo 9º.-Empresas conservadoras de guindastres torre.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas conservadoras de guindastres torre, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo IX, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a conservación das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas conservadoras de guindastres torre cumprirán os requisitos que se establecen na normativa xeral de aparellos de elevación e na específica de guindastres torre.

Artigo 10º.-Empresas fabricantes dos pés de encravamento ou calquera outro elemento estrutural dun guindastre torre.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas fabricantes, as persoas físicas ou xurídicas que desexen establecerse en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo X, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita e que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas fabricantes dos pés de encravamento ou calquera outro elemento estrutural dun guindastre torre cumprirán os requisitos que se establecen na normativa xeral de aparellos de elevación e na específica de guindastres torre.

Artigo 11º.-Empresas conservadoras de guindastres móbiles autopropulsados.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas conservadoras de guindastres móbiles autopropulsados, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo XI, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a conservación das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas conservadoras de guindastres móbiles autopropulsados cumprirán cos requisitos que se establecen na normativa xeral de aparellos de elevación e na específica de guindastres móbiles autopropulsados.

Artigo 12º.-Empresas instaladoras de instalacións frigoríficas.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas instaladoras de instalacións frigoríficas, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo XII, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas instaladoras de instalacións frigoríficas cumprirán os requisitos que se establecen na normativa reguladora da seguridade para instalacións frigoríficas.

Artigo 13º.-Empresas conservadoras-reparadoras de instalacións frigoríficas.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas conservadoras-reparadoras de instalacións frigoríficas, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo XIII, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a conservación e a reparación das instalacións se efectúan de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas conservadoras-reparadoras de instalacións frigoríficas cumprirán os requisitos que se establecen na normativa reguladora da seguridade para instalacións frigoríficas.

Artigo 14º.-Empresas instaladoras ou reparadoras de produtos petrolíferos líquidos (PPL).

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas instaladoras ou reparadoras de produtos petrolíferos líquidos, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo XIV, na que a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución ou as reparacións das instalacións se van efectuar segundo as normas e requisitos establecidos na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas instaladoras e reparadoras de produtos petrolíferos líquidos cumprirán os requisitos que se establecen na normativa reguladora de produtos petrolíferos líquidos.

Artigo 15º.-Empresas instaladoras e reparadoras de equipamentos a presión.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas instaladoras de equipamentos a presión, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo XV, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución das instalacións se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. Antes de comezar as súas actividades como empresas reparadoras de equipamentos a presión, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo XV, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución dos traballos de reparación se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

3. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

4. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

5. As empresas instaladoras e reparadoras de equipamentos a presión cumprirán os requisitos e as obrigas que se establecen na normativa reguladora de equipamentos a presión.

Artigo 16º.-Empresas recargadoras de botellas de equipamentos respiratorios autónomos.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas recargadoras de botellas de equipamentos respiratorios autónomos, as persoas físicas ou xurídicas que desexen establecerse en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo XVI, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución dos traballos se efectúan de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas recargadoras de botellas de equipamentos respiratorios autónomos cumprirán cos requisitos que se establecen na normativa reguladora de equipamentos a presión.

Artigo 17º.-Empresas inspectoras de botellas de equipamentos respiratorios autónomos.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas inspectoras de botellas de equipamentos respiratorios autónomos, as persoas físicas ou xurídicas que desexen establecerse en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo XVII, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución dos traballos se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas inspectoras de botellas de equipamentos respiratorios autónomos cumprirán os requisitos que se establecen na normativa reguladora de equipamentos a presión.

Artigo 18º.-Empresas recargadoras de gases.

1. Antes de comezar as súas actividades como empresas recargadoras de gases, as persoas físicas ou xurídicas que desexen establecerse en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo XVIII, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución dos traballos se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

2. As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

3. A consellería competente en materia de industria, asignará, de oficio, un número de identificación á empresa que presentou unha declaración responsable.

4. As empresas recargadoras de gases cumprirán cos requisitos que se establecen na normativa reguladora de equipamentos a presión.

Artigo 19.-Acreditación da competencia profesional.

1. Coa finalidade de acreditar a competencia profesional, os proxectos técnicos e os certificados finais de obra dos establecementos, instalacións e/ou produtos industriais que teñan que ser redactados e asinados por un técnico/a titulado/a competente e que se presenten sen visado do colexio profesional correspondente deberán ir acompañados das declaracións responsables asinadas polo dito técnico/a, na cal declare que está en posesión da titulación correspondente, dispón do correspondente seguro de responsabilidade civil profesional ou garantía equivalente e non se atopa inhabilitado para o exercicio da profesión.

2. A declaración responsable a que se refire o parágrafo anterior axustarase co modelo que figura no anexo XIX.

Disposición adicional

Primeira.-Tramitación telemática dos servizos prestados.

Todas as actuacións que as empresas que prestan servizos no ámbito deste decreto realicen ante a consellería competente en materia de industria, en cumprimento da normativa de seguridade industrial que sexa de aplicación se tramitarán exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

Disposicións transitorias

Primeira.-Réxime transitorio.

Os procedementos de autorización iniciados con anterioridade á entrada en vigor deste decreto tramitaranse e resolveranse pola normativa vixente no momento de presentación da solicitude. Non obstante, o interesado poderá, con anterioridade á resolución, desistir da súa solicitude e optar pola aplicación da nova normativa.

Segunda.-Tramitación telemática.

Mentres non estea dispoñible a plataforma tecnolóxica que permita a tramitación telemática das declaracións responsables e das actuacións indicadas na disposición adicional primeira e, en todo caso, durante un prazo non superior a nove meses desde a entrada en vigor deste decreto, presentaranse en soporte papel ante o correspondente departamento territorial competente en materia de industria.

Terceira.-Empresas previamente autorizadas.

As empresas autorizadas previamente á data de entrada en vigor deste decreto poderán seguir realizando a actividade para a cal foron autorizadas sen que deban presentar a declaración responsable, sempre e cando os datos básicos que deben proporcionar á Administración competente para a súa inscrición no Rexistro Integrado Industrial regulado no Real decreto 559/2010, do 7 de maio, se encontren completos e actualizados. En caso contrario, deberán presentar a correspondente declaración responsable para a súa correcta inscrición no mencionado rexistro.

Disposición derrogatoria

Única.-Derrogación normativa.

1. Quedan derrogadas as seguintes disposicións:

-Decreto 204/1994, do 16 de xuño, sobre seguridade industrial.

-Decreto 223/1998, do 24 de xullo, polo que se crea a unidade de oficina de tramitación única de industrias e se regula a posta en funcionamento de establecementos industriais.

-Decreto 204/1999, do 2 de xullo, polo que se regulan os requisitos mínimos exixibles para a apertura dos establecementos de perrucaría e estética.

-Orde do 27 de decembro de 2000 pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e exixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial.

-Orde do 25 de marzo de 2002 pola que se modifica a do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e exixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial.

-Orde do 13 de xaneiro de 2004 pola que se modifica a do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e exixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial.

-Orde do 1 de decembro de 2008 pola que se modifica a do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e exixencias a empresas autorizadas para a instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial.

-Orde do 21 de agosto de 2006 pola que se regula a aplicación, na Comunidade Autónoma de Galicia da instrución técnica complementaria MI-IP-05.

-Decreto 42/2008, do 28 de febreiro, de creación do Rexistro de Instalacións Interiores de Subministración de auga de Galicia e autorización das empresas instaladoras.

-Orde do 13 de abril de 2009 pola que se desenvolve o Decreto 42/2008, do 28 de febreiro, de creación do Rexistro de Instalacións interiores de Subministración de auga de Galicia e a autorización das empresas instaladoras.

-Decreto 44/2008, do 28 de febreiro, polo que se regulan os requisitos das empresas conservadoras de ascensores e se desenvolven conceptos relativos ao grao de ocupación das vivendas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Orde do 25 de abril de 2008 que desenvolve o Decreto 44/2008, do 28 de febreiro, polo que se regulan os requisitos das empresas conservadoras de ascensores e se desenvolven conceptos relativos ao grao de ocupación das vivendas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Orde do 10 de maio de 2010 pola que se regula a aplicación, na Comunidade Autónoma de Galicia da Instrución técnica complementaria ITC-LAT 03 do Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

-O capítulo II da Orde do 28 de abril de 2008, pola que se regula a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas instrucións técnicas complementarias ICG 01 a 11, aprobadas polo Real decreto 919/2006, do 28 de xullo.

-O artigo 2º.2 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se crea e se regula o Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos líquidos.

-Os puntos 5 e 7 do anexo I da Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguridade industrial de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a persoa titular da consellería con competencias en materia de industria, para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto, así como para modificar os anexos cando non supoña unha modificación substantiva do contido dos preceptos do decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria

Ver referencia pdf "06500D001P006.PDF"