DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Mércores, 06 de abril de 2011 Páx. 6.239

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 40, do 28 de febreiro de 2011, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 3.278, o artigo 6º apartado a), onde di: «Autorización ao xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente, para a consulta dos datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade, de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, e na Orde do 7 de xullo de 2009 (a autorización cubrirase no anexo III). No caso de denegar a autorización anterior, será necesario achegar fotocopia compulsada do DNI, partida de nacemento ou outro documento análogo do solicitante e, se é o caso, do seu representante legal ou gardador de feito, así como certificado de convivencia do padrón municipal de habitantes do concello de residencia, comprensivo de todos os convivintes»; debe dicir: «Autorización ao xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente, para a consulta dos datos de

identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade, de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, e na Orde do 7 de xullo de 2009 (a autorización cubrirase no anexo III). No caso de denegar a autorización anterior, será necesario achegar fotocopia compulsada do DNI, partida de nacemento ou outro documento análogo do solicitante e, se é o caso, do seu representante legal ou gardador de feito».

Engádese unha epígrafe h) ao artigo 6º co seguinte contido:

«En todo caso deberán achegar certificado de convivencia do padrón municipal de habitantes do concello de residencia, comprensivo de todos os convivintes.»

Na páxina 3.283, no anexo III, apartado IV, onde di: «informe médico que se cubrirá no caso das axudas para adquisicións de próteses dentais e audífonos, ou de axudas técnicas/produtos de apoio»; debe dicir: «informe médico que se cubrirá no caso das axudas para adquisicións de próteses dentais e audífonos».

Tamén no anexo III, no punto VI, onde di: «espazo para cubrir pola administración só no caso de axuda a persoas con discapacidade ou en situación de dependencia»; debe dicir: «espazo para cubrir pola administración».

No anexo III, punto X, en documentación xeral onde di: «No caso de denegar a autorización prevista no recadro seguinte, deberán achegar fotocopia compulsada do DNI, partida de nacemento ou outro documento análogo do solicitante e, se é o caso, do representante legal ou gardador de feito, así como certificado de convivencia do padrón municipal de habitantes do concello de residencia, comprensivo de todos os convivintes.»; debe dicir: «No caso de denegar a autorización prevista no recadro seguinte, deberán achegar fotocopia compulsada do DNI, partida de nacemento ou outro documento análogo do solicitante, e , se é o caso, do representante legal ou gardador de feito.»

Engádese un novo punto ao punto X de documentación xeral co seguinte contido:

-«Certificado de convivencia do padrón municipal de habitantes do concello de residencia, comprensivo de todos os convivintes».

Ver referencia pdf "06800D009P103.PDF"