Adoptado o acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do 10 de marzo de 2011, relativo á suspensión da vixencia do Plan Galego de Acuicultura, resulta necesario darlle publicidade ao mencionado acordo, polo que
RESOLVO:
Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 10 de marzo de 2011, que a continuación se transcribe:
Iniciar a revisión do Plan Galego de Acuicultura de 2008 ao ser incompatible cos obxectivos fixados para o futuro Plan Director da Acuicultura de Galicia. E, polo tanto, suspender a vixencia do Plan Galego de Acuicultura que foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 28 de agosto de 2008.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2011.
Pablo Ramón Fernández Asensio
Director xeral de Ordenación
e Xestión dos Recursos Mariños