Por Orde do 2 de febreiro de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia número 29, do 11 de febreiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes na Consellería de Facenda que se detallan no anexo desta orde.
De conformidade co establecido nos artigos 17º.4 e 29º.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolver parcialmente a convocatoria pública efectuada por orde desta consellería do 2 de febreiro de 2011 e designar os/as funcionarios/as, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocuparen os postos que tamén se especifican.
Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14º do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde preste servizos actualmente a persoa, ou dun mes se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e a base sétima da convocatoria.
O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.
Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que obteña o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.
Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8º e 14º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2011.
Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda
ANEXO
Datos do funcionario:
Nome e apelidos: Ramón Alberto del Valle López.
Número de rexistro de persoal: 3275020224 A2060.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo de Xestión de Persoal.
Nivel: 28.
Código: FCC020000115770007.
Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
Localidade: Santiago de Compostela.
Datos do funcionario:
Nome e apelidos: José Manuel Díaz García.
Número de rexistro de persoal: 3382819968 A2060.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo Técnico de Inventario.
Nivel: 28.
Código: FCC020000215770007.
Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
Localidade: Santiago de Compostela.
Datos da funcionaria:
Nome e apelidos: Socorro Torres Salgado.
Número de rexistro de persoal: 3523083868 A207F.
Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, especialidade técnica de contabilidade e intervención.
Subgrupo: A2.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo de Xestión de Riscos e Seguros.
Nivel: 28.
Código: FCC020000215770031.
Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
Localidade: Santiago de Compostela.
Datos da funcionaria:
Nome e apelidos: Ana María de Frutos Martínez.
Número de rexistro de persoal: 3324898135 A2060.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo Técnico-Xurídico.
Nivel: 28.
Código: FCC020000315770009.
Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
Localidade: Santiago de Compostela.
Declárase deserta a resolución do seguinte posto de traballo.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo de Apoio Técnico e do Rexistro Xeral de Contratistas.
Nivel: 28.
Código: FCC020000515770010.
Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
Localidade: Santiago de Compostela.
Datos do funcionario:
Nome e apelidos: Javier de la Peña Durán.
Número de rexistro de persoal: 4690382646 A207E.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, especialidade de intervención.
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo de Coordinación en Materia Orzamentaria.
Nivel: 28.
Código: FCC020000615770010.
Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
Localidade: Santiago de Compostela.
Datos do funcionario:
Nome e apelidos: Jacinto Álvarez Somoza.
Número de rexistro de persoal: 3498661457 A207E.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, especialidade de intervención.
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo de Control Interno.
Nivel: 28.
Código: FCC030000115770020.
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Localidade: Santiago de Compostela.
Datos do funcionario:
Nome e apelidos: Fernando Jácome Reboredo.
Número de rexistro de persoal: 5248298157 A207F.
Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, especialidade técnica de contabilidade e intervención.
Subgrupo: A2.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo de Planificación Contable.
Nivel: 28.
Código: FCC030000215770020.
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Localidade: Santiago de Compostela.
Datos da funcionaria:
Nome e apelidos: Miren Edurne Alonso Eguinoa.
Número de rexistro de persoal: 1597042635 A207E.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, especialidade de intervención.
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo de Auditoría do FSE.
Nivel: 28.
Código: FCC030000315770015.
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Localidade: Santiago de Compostela.
Datos do funcionario:
Nome e apelidos: Eloy Mene Paz.
Número de rexistro de persoal: 7651648535 A207F.
Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, especialidade técnica de contabilidade e intervención.
Subgrupo: A2.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo de Auditoría do Sector Público.
Nivel: 28.
Código: FCC030000415770020.
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Localidade: Santiago de Compostela.
Datos da funcionaria:
Nome e apelidos: Ana María Seijas Sánchez.
Número de rexistro de persoal: 3278566646 A207E.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, especialidade de intervención.
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo de Coordinación de Control Financeiro Permanente do Servizo Galego de Saúde.
Nivel: 28.
Código: FCC030000415770030.
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Localidade: Santiago de Compostela.
Datos da funcionaria:
Nome e apelidos: María Sagrario Roel Alonso.
Número de rexistro de persoal: 3607347913 A207E.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, especialidade de intervención.
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo de Supervisión do Control Financeiro Permanente do Servizo Galego de Saúde.
Nivel: 28.
Código: FCC030000415770035.
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Localidade: Santiago de Compostela.
Datos da funcionaria:
Nome e apelidos: María Isabel Barroso Rodríguez.
Número de rexistro de persoal: 3614989702 A207F.
Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, especialidade técnica de contabilidade e intervención.
Subgrupo: A2.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo de Fiscalización e Contabilidade.
Nivel: 28.
Código: FCC0300001215770005.
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Localidade: Santiago de Compostela.
Datos da funcionaria:
Nome e apelidos: Gaspar José Araújo López.
Número de rexistro de persoal: 7685909813 A207E.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, especialidade de intervención.
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación: xefatura do Servizo de Fiscalización e Contabilidade II.
Nivel: 28.
Código: FCC0300001315770016.
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Localidade: Santiago de Compostela.