Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2011 Páx. 7655

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2011, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe do Servizo de Microbioloxía e Parasitoloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Convocada pola Resolución do 21 de outubro de 2010 (Diario Oficial de Galicia n.º 226, do 24 de novembro), a provisión do posto de xefe do Servizo de Microbioloxía e Parasitoloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, esta dirección xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 5 da Orde do 15 de xuño de 2009 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia n.º 119, do 15 de xuño),

RESOLVE:

Primeiro.-Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe do Servizo de Microbioloxía e Parasitoloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, convocada por Resolución do 21 de outubro de 2010 (Diario Oficial de Galicia n.º 226, do 24 de novembro).

Segundo.-Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro.-O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terá a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto.-Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día segunte ao da súa publicación nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemenato administrativo común, segundo a redacción dada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 29 de marzo de 2011.

Alfredo García Iglesias
Director xerente do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe do Servizo de Microbioloxía e Parasitoloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Nome e apelidos: Germán Bou Arévalo.

DNI: 21647112-H.