Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9586

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 25 de marzo de 2011, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, pola que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan, para vinculación temporal, por concurso de méritos, prazas de diversas especialidades de persoal licenciado sanitario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 15 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria para a vinculación temporal, por concurso de méritos, de diversas prazas de licenciado sanitario, reflectidas no anexo.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario A Coruñ”, poderán presentarse no Rexistro do CHUAC así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A Coruña, 25 de marzo de 2011.

Alfredo García Iglesias
Director xerente do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

ANEXO
Prazas convocadas

Especialidade

N.º vinculación

Tipo vinculación

Anestesia

4

Vacantes

2

Reservas

Anxiología e cirurxía vascular

1

Vacante

Cardioloxía

1

Reserva

Cirurxía cardiovascular

2

Vacantes

Cirurxía oral e maxilofacial

1

Vacante

2

Reservas

Dermatoloxía médico-quirúrxica

1

Reserva

Dixestivo

1

Vacante

Hematoloxía e hemoterapia

1

Vacante

Medicina intensiva

3

Vacantes

Nefroxogía

1

Vacante

Neurocirurxía

1

Vacante

Neurofisioloxía clínica

1

Vacante

Neuroloxía

2

Vacantes

Obstetricia y xinecología

1

Vacante

Traumatoloxía

2

Vacantes

Uroloxía

1

Vacante