Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2011 Páx. 10165

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lles outorga destino aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda libre) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/3338/2008, do 10 de novembro, no ámbito de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, esta dirección xeral resolveu adxudicarlles destino, nos órganos xudiciais que se relacionan no anexo, aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa (quenda libre) nomeados funcionarios de carreira do corpo de xestión procesual e administrativa pola Orde do 9 de maio de 2011, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa aos cales se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo ante o superior funcional do órgano xudicial de destino dentro do prazo de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto, para o cal esta dirección xeral lles remitirá, coa suficiente antelación, aos órganos xudiciais cinco exemplares do acordo de nomeamento (documentos F1R).

Segundo. Os funcionarios destinados en virtude desta resolución que pertenzan xa ao corpo de tramitación procesual e administrativa ou ao de auxilio xudicial e que opten por continuar en activo nalgún dos devanditos corpos non será necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, abondando con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro lle comuniquen a esta dirección xeral a dita opción, para os efectos da declaración de excedencia voluntaria prevista no artigo 506 d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. Unha copia da resolución pola que se declaran en situación de excedencia voluntaria seralle remitida por esta dirección xeral ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Medios Persoais da Administración de Xustiza.

Terceiro. No caso de que os funcionarios opten por ingresar no corpo de xestión procesual e administrativa e queiran evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar no departamento de persoal correspondente ao seu destino como funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous no caso contrario, agás aqueles que teñan que se desprazar desde a Comunidade Autónoma de Canarias, a Comunidade Autónoma das Illes Balears, a Cidade de Ceuta ou a Cidade de Melilla, caso en que o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo.

Para o caso de que o funcionario que tome posesión nesta comunidade proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibisen o traspaso de medios persoais, esta dirección xeral remitiralles o acordo de nomeamento dilixenciado aos ditos órganos para que procedan a concederlle de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de tramitación procesual e administrativa coa mesma data en que se produza a toma de posesión no corpo de xestión, co fin de evitar a interrupción na percepción dos seus haberes.

Cuarto. En calquera caso, unha vez dilixenciados os cinco exemplares do acordo de nomeamento coa data de toma de posesión, o secretario do órgano xudicial de destino quedará cun exemplar para o órgano, entregaralle outro ao interesado e remitirá o resto aos seguintes departamentos:

Un exemplar ao servizo de xustiza do departamento territorial desta consellería da localidade correspondente ao órgano xudicial, para que procedan ás oportunas variacións en nómina; un á Dirección Xeral de Xustiza, para o expediente persoal do funcionario; e un ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Medios Persoais da Administración de Xustiza, do Ministerio de Xustiza.

Quinto. Os funcionarios interinos que actualmente ocupen prazas que lles fosen adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.

Sexto. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza, e en virtude do artigo 498 da Lei orgánica do poder xudicial 6/1985, do 1 de xullo, reformada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, aqueles participantes que posúan xa a condición de funcionarios de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.

Sétimo. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa aos cales se lles outorga destino en virtude desta resolución, aínda que sexan destinados con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar en concursos de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3, da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Oitavo. As prazas ofrecidas aos aspirantes mediante a resolución desta dirección xeral do 22 de marzo de 2011 (BOE e DOG do 6 de abril) e non adxudicadas na presente resolución manteñen a súa condición de desertas.

Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, segundo o disposto no artigo 9 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2011.

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Adxudicación de destinos

Corpo de xestión procesual e administrativa-quenda libre

Ámbito territorial de Galicia

Núm.

orde

DNI

Apelidos e nome

Destino adxudicado

Localidade

Provincia

1

33268456

Méndez Oro, Manuel Ángel

Xulgado de Paz

Outes

A Coruña

2

33286302

Tato López, Manuel

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous (VSM)

Redondela

Pontevedra

3

34945562

Blanco Pereira, María Dolores

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número tres

Ponteareas

Pontevedra

4

33333369

Rodríguez Jato, Sara

Xulgado do Penal número dous

Lugo

Lugo

5

32835908

Rodríguez Vicente, María Eva

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous

Ribeira

A Coruña

6

47356983

Álvarez Álvarez, Carmen María

Xulgado do Mercantil número tres de Pontevedra

Vigo

Pontevedra

7

32648573

Bouzamayor Fernández, Mª José

Xulgado do Contencioso-Adminisirativo número un

Santiago de Compostela

A Coruña

8

52434479

Torres Andrade, M.ª Claudina

Xulgado de Paz

Boiro

A Coruña

9

36092413

González González, Ana Isabel

Xulgado do Penal número un

Vigo

Pontevedra

10

52471150

Villaverde Salgueiro, M.ª Nieves

Audiencia Provincial sección sexta da Coruña

Santiago de Compostela

A Coruña

11

33347238

Vázquez Pampín, Santiago

Julgado de Primeira Instancia e Instrución número tres (VSM)

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

12

44078933

Malvar Méndez, Silvia

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número un

Padrón

A Coruña

13

32646626

Isasi Varela, M.ª del Carmen

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número un

Caldas de Reis

Pontevedra

14

34999188

Míguez Rodríguez, Helena María

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número uno

Caldas de Reis

Pontevedra