Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2011 Páx. 10943

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo

EDICTO (32/2010).

No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 7.

En Mondoñedo, 14 de febreiro de 2011.

Vistos por Ana María Bande Ramudo, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Mondoñedo, estes autos de xuízo ordinario sobre cumprimento de contrato, seguidos perante este xulgado baixo o número 32 do ano 2010, por instancia de Matilde Celisa Pardeiro Cordal e Bernardo Novas Fernández, representados polo procurador Fernández Expósito e asistidos pola letrada Novas Pardeiro, contra Josefa Basanta Reguera, contra a herdanza xacente ou herdeiros descoñecidos de María Antonia Basanta Reguera e contra a herdanza xacente ou herdeiros descoñecidos de María Josefa Reguera Arango, declarados en situación de rebeldía procesual.

Resolvo estimar totalmente a demanda interposta por Matilde Celisa Pardeiro Cordal e Bernardo Novas Fernández contra Josefa Basanta Reguera, a herdanza xacente ou ignorados herdeiros de María Josefa Reguera Arango e contra a herdanza xacente ou ignorados herdeiros de María Antonia Basanta Reguera:

Declaro que Josefa Basanta Reguera, María Antonia Basanta Reguera e María Josefa Reguera Arango, como vendedoras, formalizaron cos demandantes, como compradores, o contrato de compravenda privado do 27 de agosto de 1981, cuxo obxecto é o predio identificado no proxecto de concentración parcelaria da zona da Devesa (Ribadeo-Lugo), como predio número 1-567, hoxe predio 1-246, inscrito no Rexistro da Propiedade como predio número 20.798, folio 143, tomo 622, libro 265.

Declaro que o día 7 de marzo de 2007 se cumpriu a condición suspensiva pactada polas partes na cláusula sexta do contrato de compravenda, quedando as partes obrigadas desde esa data a elevar a público o contrato privado de compravenda do 27 de agosto de 1981.

Condeno os demandados a elevar a escritura pública o contrato privado de compravenda do 27 de agosto de 1981, cuxo obxecto é o predio identificado no proxecto de concentración parcelaria da zona da Devesa (Ribadeo-Lugo), como predio número 1-567 e hoxe identificada como predio número 1-246 e inscrito no Rexistro da Propiedade como predio número 20.798, folio 143, do tomo 622, libro 265.

Todo isto con imposición das custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado dentro dos cinco días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a súa interposición será necesario previamente constituír un depósito de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado. A súa admisión condicionarase a esta consignación.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para o incorporar ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos herdeiros descoñecidos de María Antonia Basanta Reguera e contra a herdanza xacente ou herdeiros descoñecidos de María Josefa Reguera Arango, expídese esta cédula para que sirva de notificación.

Mondoñedo, 18 de marzo de 2011.

A/O secretaria/o
Rubricado