Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2011 Páx. 11091

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2011, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

A Resolución do 9 de febreiro de 2011 que regula as axudas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego, publicada no Diario Oficial de Galicia número 31, do 15 de febreiro de 2011, establece as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión destas subvencións.

O artigo 4 da convocatoria desta resolución identifica a contía inicial dos créditos destinados a financiar estas publicacións, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias. Así, ao existir dotacións dispoñibles para esta finalidade, cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados.

Polo exposto, e tendo en conta as áreas de competencia adscritas funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, artigo único, punto 3 e disposición transitoria segunda do Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro. Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 9 de febreiro de 2011 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego en cincocentos mil euros (500.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.151A.470.0, de forma que o importe total será de cincocentos corenta e un mil trescentos corenta e un euros (541.341 €).

Segundo. Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2011.

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios