Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2011 Páx. 12997

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2011 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no primeiro cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2011.

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo ISSGA

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) para o desenvolvemento de actividades de información, formación e divulgación en materia de prevención de riscos laborais.

A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do ISSGA, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter informativo, formativo e divulgador en materias de competencia de ambas as dúas institucións.

0,00 €

3-1-2011

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización e promoción de accións e estudos en materia de seguridade e saúde laboral no sector da minaría galega.

A realización e promoción de accións e estudos en materia de seguridade mineira para avanzar na

mellora das condicións de seguridade e salubridade das explotacións mineiras galegas.

0,00 €

22-3-2011

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o intercambio de datos en materia de seguridade mineira.

Intercambiar datos e informes en materia de riscos laborais nas explotacións mineiras galegas.

0,00 €

24-3-2011

Acordo marco de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) para o desenvolvemento de actividades de formación e divulgación en materia de prevención de riscos laborais.

Establecer un campo de actuación para a colaboración entra as dúas entidades en actividades comprendidas no eido da seguridade e saúde laborais, mellora das condicións de traballo e prevención de riscos laborais.

0,00 €

30-3-2011