Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 14 de xuño de 2011 Páx. 14906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2011 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios do contrato de obras de restauración da igrexa de San Cremenzo do Pindo, en Carnota (A Coruña), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras, non harmonizado.

b) Descrición do obxecto: restauración da igrexa de San Cremenzo do Pindo, en Carnota (A Coruña), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

c) Prazo de execución: máximo doce (12) meses, mínimo aceptable por razóns técnicas oito (8) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 156.250,67 €.

IVE (18%): 28.125,12 €.

Importe total: 184.375,79 €, IVE incluído. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 70%, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.

Anualidades:

2011: 95.000,00 €, IVE incluído.

2012: 89.375,79 €, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento de licitación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto técnico da obra poderán ser examinados no Servizo de Contratación da Secretaría Xeral Técnica.

b) Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16307

Información de índole técnica; teléfono: 981 54 65 94.

Información de índole administrativa; teléfono: 981 54 48 71.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 10.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica específica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 10.2 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver cadro de características e prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Turismo na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2011.

P. D. (Orde 2.5.2009)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo