Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 27 de xuño de 2011 Páx. 16948

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 7 de xuño de 2011 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2011-2012.

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 116, do 17 de xuño de 2011, cómpre publicar as seguintes correccións:

Na páxina 15.404, na disposición adicional única,

Onde di:

«...No caso dos Tecor ou explotacións cinexéticas que teñan vixente ou presentada a renovación do Plan de Ordenación Cinexética, deberán achegar ao correspondente Servizo de Conservación da Natureza o plan de aproveitamento cinexético anual, no prazo de 20 días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia...».

Debe dicir:

«...No caso dos Tecor ou explotacións cinexéticas que teñan vixente ou aprobada a renovación do Plan de Ordenación Cinexética, deberán achegar ao correspondente Servizo de Conservación da Natureza o plan de aproveitamento cinexético anual, no prazo de 20 días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia...».

Onde di:

«...No caso daqueles Tecor ou explotacións cinexéticas que non teñen vixente o seu Plan de Ordenación Cinexética e aínda non presentaron a súa renovación, establécese como data límite para a presentación do novo Plan de Ordenación Cinexética xunto co plan de aproveitamento cinexético anual, o mes de agosto de 2011...».

Debe dicir:

«...No caso daqueles Tecor ou explotacións cinexéticas que non teñen vixente o seu Plan de Ordenación Cinexética e aínda non presentaron a súa renovación ou esta non está aprobada, establécese como data límite para a presentación do novo Plan de ordenación cinexética e do plan de aproveitamento cinexético anual, o mes de agosto de 2011...».