Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 27 de xuño de 2011 Páx. 17002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de maio de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente OU-2/2011-residuos.

De conformidade co disposto no artigo 61 en relación co 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de correos.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede da Sección Xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, n.º 18-4.º andar, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 24 de maio de 2011.

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-2/2011 RE.

Denunciado: Florin Plesca.

Enderezo: r/ Forças Armadas, número 138, 4 - CT. Braga, Portugal.

Acto notificado: acordo de incoación de expediente sancionador con data do 7.3.2011.