Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 27 de xuño de 2011 Páx. 17024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución instalación eléctrica no concello de Ribadumia (expediente IN407A 11/50-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: ampliación de potencia C.T. Lois.

Situación: Ribadumia.

Descricións técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación situado en Lois, Ribadumia, a 160 kVA con R.T. 20 kV/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 del Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 2 de xuño de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra