1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Hospital da Barbanza.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Hospital da Barbanza. Servizo de Contratación Administrativa.
2) Domicilio: lugar de Salmón s/n, Oleiros.
3) Localidade e código postal: Ribeira, A Coruña 15993.
4) Teléfono: 981 83 43 48.
5) Telefax: 981 83 59 98.
6) Correo electrónico: cbarbanza@sergas.es
7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8) Data límite de obtención de documentación e información: poderanse recoller ata o último día de presentación das proposicións.
d) Número de expediente: MS-HBA1-11-002.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración sucesiva de diverso material de limpeza, aseo e enxoval para o Hospital da Barbanza.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: ver pregos.
d) Lugar de execución/entrega:
1) Domicilio: lugar de Salmón s/n, Oleiros.
2) Localidade e código postal: Ribeira, A Coruña 15993.
e) Prazo de execución/entrega: 24 meses contados desde a data de sinatura do contrato.
f) Admisión de prórroga: si.
g) Establecemento dun acordo marco: si.
h) Sistema dinámico de adquisición (se e o caso): non.
i) CPV (referencia de nomenclatura): ver pregos.
3. Tramitación, procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver pregos.
4. Valor estimado do contrato: 148.096,65 euros.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 98.731,10 euros. IVE 18%. Importe total: 116.502,69 euros.
6. Garantías exixidas.
Provisional: non.
Definitiva: 5% do importe de licitación ,excluído o imposto de valor engadido.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver folla de especificacións 16 e 17.
c) Outros requisitos específicos:
d) Contratos reservados: non.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).
b) Modalidade de presentación: ver pregos.
c) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa do Hospital da Barbanza.
2) Domicilio: lugar de Salmón s/n, Oleiros.
3) Localidade e código postal: Ribeira, A Coruña 15993.
4) Dirección electrónica: cbarbanza@sergas.es
d) Número previsto de empresas as que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido):
e) Admisión de variantes, se procede: non.
f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: publicarase no perfil do contratante. www.sergas.es
b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante. www.sergas.es
10. Gastos de publicidade: ver folla de especificacións 20.
11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: -.
12. Outras informacións: -.
Ribeira, 13 de xuño de 2011.
Luis González Taboada
Director xerente do Hospital da Barbanza