Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 28 de xuño de 2011 Páx. 17140

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 17 de xuño de 2011 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

O Real decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 18.2 que a implantación das titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional e dos respectivos novos currículos comezará no ano académico 2007-2008 e deberá completarse dentro do prazo de aplicación da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, sen prexuízo da súa actualización permanente, de acordo coas exixencias do Sistema Nacional das Cualificacións e da Formación Profesional.

No número 3 do devandito artigo establécese que mentres non se produza a implantación regulada no punto anterior seguirán vixentes as titulacións e os currículos derivados da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, regula no seu artigo 24 as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior.

A Orde do 23 de abril de 2007 regula o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional, en réxime ordinario e para as persoas adultas, e as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e técnico superior.

Como consecuencia da entrada en vigor dos novos títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en substitución dos establecidos pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, procede convocar a realización de probas libres de módulos profesionais dos ciclos formativos que se extinguen, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que se vexa afectado pola implantación das novas ensinanzas.

Por todo o anterior, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, facendo uso das competencias que lle confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto.

1. Esta orde ten por obxecto establecer en centros públicos a realización de dúas convocatorias de probas libres para a obtención de títulos de formación profesional actualmente extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que cursou as ensinanzas dos devanditos títulos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A relación de ciclos formativos para os cales se convocan probas libres de módulos profesionais de títulos extinguidos no curso académico 2011-2012 e a dos centros públicos en que se realizarán as devanditas probas figuran no anexo I desta orde.

2. As dúas convocatorias terán lugar no curso académico seguinte ao da extinción definitiva da docencia do título, consonte o seguinte calendario:

A primeira convocatoria realizarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas, co fin de posibilitar a matrícula no ciclo equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A segunda convocatoria realizarase no mes de xuño, coincidindo co remate das actividades lectivas.

3. Poderán ser obxecto de avaliación nas devanditas convocatorias todos os módulos profesionais dos ciclos formativos extinguidos agás o de formación en centros de traballo (FCT), que se regulará segundo o disposto no artigo 8 desta orde.

4. O alumnado con módulos pendentes en ciclos formativos de menos de 2.000 horas de duración tras a realización da primeira convocatoria prevista de probas libres poderá solicitar praza no segundo curso polo réxime ordinario, para os efectos de rematar o ciclo formativo que se extingue, se cumpre os correspondentes criterios de promoción.

5. O alumnado con módulos pendentes diferentes ao de FCT tras a realización de calquera das dúas convocatorias previstas de probas libres e que desexe finalizar os seus estudos poderá matricularse, de ser o caso, nas ensinanzas do título equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o que se aplicará o réxime de validacións de módulos establecidos no real decreto correspondente.

No caso do réxime ordinario, a matrícula formalizarase no curso que corresponda en función do cumprimento dos requisitos de promoción.

Artigo 2. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres obxecto desta orde presentaranse nas secretarías dos centros públicos que ofrecesen as correspondentes ensinanzas no momento da súa extinción, de acordo co seguinte:

a) As persoas aspirantes que cursaron o ciclo formativo nun centro público deberán presentar necesariamente a solicitude no mesmo centro en que estiveron matriculadas. En caso de non ofrecerse o ciclo formativo no momento da extinción, rexerase polo disposto na letra b).

b) No caso de alumnado procedente de centros privados, deberase presentar a solicitude nalgún dos centros públicos a que se fixo referencia anteriormente.

2. Establécense dous prazos de presentación de solicitudes, en función das convocatorias previstas:

a) Para a primeira convocatoria: do 11 ao 21 de xullo de 2011.

b) Para a segunda convocatoria: do 10 ao 21 de maio de 2012.

3. Os modelos de solicitude axustaranse aos establecidos nos anexos II e III desta orde para ciclos de grao medio e de grao superior, respectivamente. Xuntarase a documentación acreditativa que corresponda.

4. Os centros farán pública no taboleiro de anuncios a relación provisional de persoas admitidas no prazo máximo de dous días hábiles desde a finalización do prazo correspondente. Poderase presentar reclamación no prazo máximo de tres días hábiles.

Artigo 3. Requisitos das persoas solicitantes.

Para poderen acceder á realización das probas libres obxecto desta orde, correspondentes a un título de técnico ou de técnico superior extinguido, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

a) Cumprir os requisitos académicos de acceso directo ou mediante proba aos ciclos formativos correspondentes de grao medio ou superior, establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ter formalizada en cursos académicos anteriores a matrícula nalgún centro educativo de Galicia e nun ciclo formativo actualmente extinguido, derivado da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dos que se convocan probas libres de módulos profesionais.

c) Non estar matriculado/a simultaneamente nas probas libres obxecto desta orde e no ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que substitúa o establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

d) Consonte o establecido no artigo 47 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, durante o período de vixencia da matrícula, unha persoa non poderá estar matriculada simultaneamente nun mesmo módulo profesional nas modalidades a distancia, semipresencial ou presencial, así como nas probas para a obtención deste.

Artigo 4. Elaboración, contido e estrutura das probas.

1. En cada centro dos que se recollen no anexo constituirase unha comisión de avaliación formada polo profesorado dos departamentos correspondentes, que deseñará as probas para cada un dos módulos profesionais do ciclo formativo, agás o de formación en centros de traballo.

A devandita comisión estará presidida polo xefe ou a xefa do departamento da familia profesional a que pertenza o ciclo formativo.

2. As probas axustaranse aos currículos dos ciclos formativos que se extinguen, e abranguerán contidos teóricos e prácticos que permitan evidenciar, a través dos criterios de avaliación correspondentes, se a persoa aspirante alcanzou os obxectivos específicos establecidos para cada módulo en relación cos obxectivos xerais do ciclo formativo.

3. A estrutura da proba, o procedemento e os criterios de avaliación deberanse publicar no taboleiro de anuncios do centro cunha antelación mínima de dous días con respecto ao comezo da realización das probas.

4. Cada módulo profesional será avaliado por un único membro do profesorado, que asinará as actas de avaliación correspondentes.

Artigo 5. Validación de módulos profesionais.

1. As persoas aspirantes admitidas para a realización das probas poderán ter dereito ás validacións de módulos profesionais de ciclos formativos a que se fai referencia nas letras a), b) e c) do artigo 15 da Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial.

Así mesmo, as persoas que teñan acreditadas unidades de competencia de títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderán solicitar a validación dos módulos profesionais asociados ante o director ou a directora do centro educativo.

2. Quen desexe solicitar a validación dalgún módulo profesional deberao facer constar expresamente no momento de presentar a solicitude de inscrición para as probas, para o que será necesario xuntar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos para a obter.

Artigo 6. Cualificación final das probas libres.

1. A expresión da cualificación final obtida por cada aspirante en cada un dos módulos profesionais realizarase nos termos previstos no artigo 12 da Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial.

2. As persoas aspirantes poderán presentar reclamación contra as cualificacións finais alcanzadas en cada módulo no centro en que se realizaran as probas, consonte o procedemento establecido no artigo 20.2 da citada Orde do 30 de xullo de 2007. As reclamacións basearanse necesariamente nalgún dos aspectos recollidos no artigo 4.3 desta orde.

Artigo 7. Certificación.

A superación das probas libres de módulos profesionais dará dereito a unha certificación individual por cada módulo superado, de acordo co establecido no artigo 18.2 da Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial. O modelo de certificación será o establecido no anexo XIII da devandita orde.

Artigo 8. Módulo de formación en centros de traballo en títulos extinguidos.

1. O alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo logo de que se produza a extinción definitiva da docencia dun determinado ciclo formativo ou tras a realización dalgunha das dúas convocatorias a que se fai referencia no artigo 1 desta orde poderá solicitar a súa realización nalgún dos prazos e dos períodos extraordinarios establecidos na Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O módulo de formación en centros de traballo dun título extinguido poderá realizarse como máximo ata o seguinte curso académico ao da realización das convocatorias de probas previstas no artigo 1 desta orde.

3. A inscrición para solicitar a exención ou cursar o módulo de formación en centros de traballo realizarase polo réxime de proba libre nos mesmos centros a que se fai referencia no artigo 2.1 desta orde, sen prexuízo do establecido no artigo 1.4 desta orde.

4. Para ter dereito á exención do módulo de formación en centros de traballo, ademais do cumprimento dos requisitos xerais establecidos na normativa vixente, cumprirá ter superado o resto dos módulos profesionais do ciclo formativo. A documentación para presentar é a que se especifica no artigo noveno da citada Orde do 28 de febreiro de 2007. A exención da FCT resolverase logo de publicada a resolución das cualificacións definitivas do resto dos módulos profesionais.

5. Para o seguimento do módulo de formación en centros de traballo terase en conta o disposto na Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 9. Titulación.

As persoas interesadas que superen todos os módulos profesionais dun determinado ciclo formativo e superen o módulo de formación en centros de traballo ou sexan eximidas del, de acordo co establecido no artigo 8 desta orde, poderán solicitar a expedición do título correspondente.

Nestes casos, os centros educativos realizarán a proposta de título polo réxime de «proba libre».

Disposición adicional única. Extinción do ciclo medio de equipamentos electrónicos de consumo en centros públicos.

O ciclo medio de equipamentos electrónicos de consumo establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, considérase extinguido en centros públicos para os efectos do establecido nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo.

Autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para desenvolver esta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Anexo I
Convocatoria de probas libres de módulos profesionais para a obtención
de títulos extinguidos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990,
do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo

Relación de ciclos formativos e centros públicos.

Curso académico 2011-2012.

Código ciclo

Ciclo extinguido LOXSE

Concello

Código centro

Centro

CM01003

CM Explotacións agrarias extensivas

Castro de Rei

27015891

IES da Terra Chá, José Trapero

Boqueixón

15013254

CFEA de Sergude

Ribadeo

27010921

CFEA Pedro Murias

CM01004

CM Explotacións agrícolas intensivas

Ponteareas

36007552

CIFP A Granxa

Bergondo

15001033

CFEA de Guísamo

CM01005

CM Explotacións gandeiras

Castro de Rei

27015891

IES da Terra Chá, José Trapero

CM04001

CM Xestión administrativa

Arteixo

15023314

IES de Sabón

Barco de Valdeorras, O

32001725

IES Lauro Olmo

Betanzos

15001148

IES As Mariñas

Boiro

15026698

IES Espiñeira

Bueu

36019463

IES Johan Carballeira

Burela

27013934

IES Perdouro

Cambados

36019396

IES Francisco Asorey

Cambre

15027873

IES Afonso X O Sabio

Cangas

36019475

IES de Rodeira

Cañiza, A

36015101

IES da Cañiza

Carballiño, O

32015037

IES Manuel Chamoso Lamas

Carballo

15002591

IES Monte Neme

Cee

15003224

IES Fernando Blanco

Celanova

32016625

IES de Celanova

Coruña, A

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

Curtis

15022620

IES de Curtis

Estrada, A

36002359

IES Antón Losada Diéguez

Ferrol

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Guarda, A

36019244

IES A Sangriña

Lalín

36013758

IES Laxeiro

Lugo

27015773

IES Muralla Romana

Marín

36015159

IES Chan do Monte

Moaña

36004745

IES A Paralaia

Monforte de Lemos

27015311

IES A Pinguela

Narón

15026455

IES Terra de Trasancos

Nigrán

36015184

IES Escolas Proval

Noia

15026731

IES Campo de San Alberto

Ordes

15027782

IES n.º 1

Ourense

32016765

IES Portovello

Padrón

15023090

IES Macías o Namorado

Ponteareas

36014520

IES Pedra da Auga

Ponteceso

15026406

IES de Ponteceso

Pontevedra

36018677

IES Luís Seoane

Porriño, O

36019529

IES Ribeira do Louro

Redondela

36016656

IES Pedro Floriani

Ribadavia

32015475

IES Abrente

Ribadeo

27010945

IES Porta da Auga

Ribeira

15027711

IES Leliadoura

Santa Comba

15026030

IES Terra de Xallas

Santiago de Compostela

15027058

IES As Fontiñas

Sanxenxo

36019256

IES de Vilalonga

Sarria

27012036

IES Gregorio Fernández

Vimianzo

15026418

IES Terra de Soneira

Vigo

36017430

IES Ricardo Mella

Vilagarcía de Arousa

36019669

IES Armando Cotarelo Valledor

Vilalba

27013326

IES Lois Peña Novo

Viveiro

27013636

IES María Sarmiento

Verín

32013582

IES García-Barbón

Xinzo de Limia

32014801

IES Cidade de Antioquía

CM09001

CM Equipamentos electrónicos de consumo

Boiro

15026698

IES Espiñeira

Burela

27013934

IES Perdouro

Cambados

36019396

IES Francisco Asorey

Cangas

36019475

IES de Rodeira

Carballo

15002591

IES Monte Neme

Coruña, A

15005269

IES Urbano Lugrís

Culleredo

15005749

IES Universidade Laboral

Estrada, A

36002359

IES Antón Losada Diéguez

Ferrol

15006754

IES Ferrolterra

Grove, O

36019232

IES Monte da Vila

Lugo

27006516

IES Politécnico de Lugo

Monforte de Lemos

27007247

IES Francisco Daviña Rey

Nigrán

36015184

IES Escolas Proval

Noia

15026731

IES Campo de San Alberto

Ourense

32015050

CIFP A Farixa

Pontes de García Rodríguez, As

15021767

IES Castro da Uz

Pontevedra

36014489

IES A Xunqueira

Porriño, O

36019529

IES Ribeira do Louro

Redondela

36016656

IES Pedro Floriani

Santiago de Compostela

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

Tomiño

36019751

IES de Tomiño

Vigo

36017430

IES Ricardo Mella

CS10002

CS Desenvolvemento de proxectos mecánicos

Ferrol

15006754

IES Ferrolterra

CS14002

CS Administración de sistemas informáticos

Cangas

36019475

IES de Rodeira

Carballo

15027307

IES Isidro Parga Pondal

Coruña, A

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

Ferrol

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Lugo

27015773

IES Muralla Romana

Marín

36015159

IES Chan do Monte

Monforte de Lemos

27015311

IES A Pinguela

Negreira

15026391

IES Xulián Magariños

Ourense

32008902

IES A Carballeira

Ribeira

15027711

IES Leliadoura

Santiago de Compostela

15021482

IES San Clemente

Vigo

36018173

IES de Teis

Vilagarcía de Arousa

36019669

IES Armando Cotarelo Valledor

Vilalba

27013326

IES Lois Peña Novo

missing image file
missing image file