Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 7 de xullo de 2011 Páx. 18526

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 24 de xuño de 2011 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os aspirantes que superaron os procedementos selectivos para o acceso aos corpos de inspectores de educación, de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional convocados pola Orde do 15 de febreiro de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo), pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril) e pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril).

Pola Orde do 30 de agosto de 2010 (DOG do 9 de setembro) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de inspectores de educación os opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 15 de febreiro de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo). Así mesmo, pola Orde do 7 de setembro de 2010 nomeáronse funcionarios en prácticas os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril), que tiveron aprazamento da fase de prácticas, e os opositores que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril).

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 15 de febreiro de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo) os opositores relacionados na Orde do 3 de agosto de 2010.

Segundo. Declarar apto na fase de prácticas e aprobado definitivamente nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril), o opositor relacionado na Orde do 29 de xullo de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 22 de agosto), que tivo aprazamento da fase de prácticas, Iago Lariño Rodal, DNI: 78733572-H, especialidade frauta travesa.

Terceiro. Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril) os opositores relacionados nos anexos II, III, IV e V da Orde do 31 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) coa excepción de M.ª Isabel Lamas Fentanes, DNI: 76821484-N, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade inglés, por ter concedido un aprazamento da fase de prácticas durante o curso 2010-2011.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria