Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 14 de xullo de 2011 Páx. 19586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lle puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número citase no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte o da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido ese prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 29 de xuño de 2011.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º expt.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Resolución

María Ángeles de la Fuente Iglesias

33271714

LU-E 117/11

26 e) L.O. 1/1992

R/ do Porto n.º 17-2.º C, Foz

Multa de 90 €

Josma Hostelería de Ribadeo, S.L.

B-27314079

LU-E 119/11

26 e) L.O. 1/1992

R/ Pasarón y Lastra n.º 16-18, Ribadeo

Multa de 90 €