Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 15 de xullo de 2011 Páx. 19787

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 141/2011, do 14 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

O artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, establece as medallas que, anualmente, se poderán outorgar nas súas distintas categorías.

Tendo en conta o previsto no artigo antes indicado, o Goberno galego ten a vontade de outorgarlles a súa máis alta distinción á entidade e á persoa que se indican a seguir.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de xullo de dous mil once,

DISPOÑO:

Concederlles a Medalla de Ouro de Galicia a:

–Instituto da Lingua Galega.

–Ángel María Carracedo Álvarez.

Santiago de Compostela, catorce de xullo de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza