Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 29 de xullo de 2011 Páx. 21682

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 19 de xullo de 2011 pola que se incrementa o importe das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2011.

Por Orde do 11 de marzo de 2011 (DOG do 7 de abril), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2011.

A disposición terceira desta orde establece que o importe que se distribuirá nesta convocatoria de axudas será de vinte e cinco mil novecentos vinte e cinco euros (25.925 €) e realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 09.05.423A.481.0 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para o ano 2011.

Non obstante, tamén establece que o importe destas axudas se poderá incrementar se, antes da publicación da resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia, se recibise outra transferencia do Ministerio de Educación para esta mesma finalidade.

Recibida a mencionada transferencia do Ministerio de Educación, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

Incrementar a contía das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e as asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial ata sesenta mil oitenta e sete euros (60.087 €), de acordo co establecido na disposición terceira da Orde do 11 de marzo de 2011 (DOG do 7 abril).

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria