Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 29 de xullo de 2011 Páx. 21685

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 19 de xullo de 2011 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

A Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 60, do 25 de marzo), establece na súa disposición adicional cuarta, na cal se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da dita orde, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de persoas beneficiarias posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 60, do 25 de marzo), nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011:

12.04.322C.470.1, código de proxecto 2011 00591, polo importe de 2.073.454,30 euros.

12.04.322C.470.1, código de proxecto 2003 00450, polo importe de 58.751,04 euros.

12.04.322C.470.1, código de proxecto 2009 01001, polo importe de 491.050,01 euros.

12.04.322C.470.1, código de proxecto 2009 01072, polo importe de 46.635,21 euros.

12.04.322C.470.1, código de proxecto 2010 00747, polo importe de 274.652,02 euros.

12.04.322C.472.2, código de proxecto 2008 00560, polo importe de 2.316,06 euros.

12.04.322C.472.2, código de proxecto 2009 01047, polo importe de 1.727,80 euros.

12.04.322C.472.2, código de proxecto 2010 00775, polo importe de 398.979,92 euros.

Artigo 2.

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2011.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar