Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 29 de xullo de 2011 Páx. 21683

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 19 de xullo de 2011 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 20 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

A Orde do 20 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 102, do 27 de maio), establece na súa disposición adicional sexta, na cal se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da dita orde, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de persoas beneficiarias posible.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 20 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, (Diario Oficial de Galicia n.º 102, do 27 de maio), nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011:

12.04.322C.470.1, código de proxecto 2010 00749, polo importe de 7.860,00 euros.

12.04.322C.472.0, código de proxecto 2010 00768, polo importe de 22.805,97 euros.

12.04.322C.472.5, código de proxecto 2010 00783, polo importe de 192.347,75 euros.

Artigo 2.

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2011.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benesta
r