Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 18 de agosto de 2011 Páx. 23437

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 4 de agosto de 2011 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 21 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

A Orde do 21 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 42, do 2 de marzo), establece na súa disposición adicional sexta, na cal se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificacións, como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da dita orde, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de persoas ou entidades beneficiarias posible.

Por todo o exposto e en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 21 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 42, do 2 de marzo), nas seguintes contías e aplicacións orzamentaria, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, e coa seguinte distribución de importes de créditos por programas:

Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (anexo A):

12.04.322C.470.1, código de proxecto 2011 00592, polo importe de 583.501,00 euros.

12.04.322C.470.1, código de proxecto 2010 00748, polo importe de 208.546,84 euros.

Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego (anexo B):

12.04.322C.470.1, código de proxecto 2010 00748 polo importe de 75.000,00 euros.

Artigo 2.

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2011.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar