De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración xustiza, este ministerio resolveu adxudicar destinos nos órganos que se relacionan no anexo aos integrantes do corpo de médicos forenses nomeados funcionarios de carreira pola Orde do 29 de xullo de 2011, tendo en conta o seguinte:
Primeiro. Os funcionarios do corpo de médicos forenses aos cales se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión ante o responsable do órgano de destino no prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto.
Segundo. Os funcionarios interinos que actualmente ocupen prazas que foron adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.
Terceiro. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza en virtude do artigo 498 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, reformada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, aqueles participantes que teñan xa a condición de funcionarios de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.
Cuarto. Os funcionarios do corpo de médicos forenses aos que se outorga destino en virtude desta resolución, non obstante teren sido destinados con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar nun concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos observarase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados recurso potestativo de reposición ante este ministerio no prazo dun mes, ou contencioso-administrativo ante os xulgados centrais do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2011.
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza
ANEXO
N.º de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Destino adxudicado |
1 |
76896910 |
Vila González, Paula |
Dirección Instituto de Medicina Legal de Galicia. Santiago de Compostela |
2 |
36135679 |
Campos Casal, Ana Belén |
Subdirección Territorial Instituto de Medicina Legal de Galicia de Vigo (Pontevedra) |
3 |
44838160 |
Fernández Liste, Alberto |
Dirección Instituto de Medicina Legal de Galicia. Santiago de Compostela |
4 |
78789710 |
Río Tajes, Iria del |
Subdirección Territorial Instituto de Medicina Legal de Galicia de Pontevedra |
5 |
48560623 |
Ruiz Lechuga, Irene |
Subdirección Territorial Instituto de Medicina Legal de Galicia de Pontevedra |