Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Luns, 29 de agosto de 2011 Páx. 25959

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle na parcela A-38.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 18 de xullo de 2011, acordou aprobar, con carácter definitivo, o estudo de detalle para reaxustar aliñacións e ordenar volumes edificables na parcela A-38, sita no parque empresarial O Campiño, formulado, mediante iniciativa particular, pola entidade mercantil Aludec Inyección, S.A. O instrumento urbanístico que se aproba definitivamente é o subscrito polo enxeñeiro Javier Iglesias Currás, con visado dixital n.º VI1100118, do 28.2.2011, así como anexo e plano A 02, da mesma autoría e datado en abril de 2011, que complementa, anula e substitúe o plano correlativo do proxecto.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 2.8.2011, cumprindo co disposto no artigo 92.3.º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Conforme o sinalado no artigo 92.2.º da citada lei, procédese a publicar este acordo no DOG e no BOP, ademais de notificárllelo persoalmente aos propietarios directamente afectados, con indicación dos recursos procedentes.

Contra o acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle que pon fin á vía administrativa poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP ou DOG, de conformidade co establecido nos artigos 8, 10 e 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 2 de agosto de 2011.

Antonio Louro Goyanes José Luis Mato Rodríguez
Tenente alcalde delegado Secretario xeral do Pleno
da Área de Urbanismo