Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 30 de agosto de 2011 Páx. 26012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2011, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela (Lugo), pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de produtos cárnicos e de auga embotellada para este hospital (AB-HCC1-11-007).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Hospital da Costa de Burela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Departamento de Contratación.

2) Enderezo: r/ Rafael Vior, s/n.

3) Localidade e código postal: 27880 Burela-Lugo.

4) Teléfono: 982 58 99 56/982 58 97 25.

5) Fax: 982 58 99 86.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-HCC1-11-007.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de produtos cárnicos e auga embotellada.

c) División por lotes y número: 4 lotes.

Lote 1: carne de tenreira.

Lote 2: carne de porco.

Lote 3: polo e despezamento.

Lote 4: auga envasada.

d) Lugar de execución: Hospital da Costa de Burela.

e) Prazo de execución: 24 meses desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: ver pregos.

g) CPV: lote 1: 15111200-1; lote 2: 15113000-3; lote 3: 15112130-6; lote 4: 15981000-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación:

Criterios

Puntuación

Ponderación (%)

Oferta económica

Calidade e características do produto

Servizo da subministración

Melloras

0-10

0-10

0-10

0-10

50%

30%

10%

10%

4. Orzamento base de licitación: Importe neto: 110.779,17 euros sen IVE; o importe do IVE: 8.862,33 euros; o orzamento total con IVE: 119.641,50 euros.

5. Garantías exixidas.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: ver punto 6.7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 26 de setembro de 2011.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidira en sábado o día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogaráse ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Hospital da Costa de Burela (ver punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións para a adxudicación.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Hospital da Costa de Burela, r/ Rafael Vior, s/n.

b) Localidade e código postal: Burela (Lugo) 27880.

c) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

9. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario. Ver apartado 3.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Outras informacións: ver pregos.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 8 de agosto de 2011.

Burela, 21 de xullo de 2011.

José Insúa Pernas
Director xerente do Hospital da Costa de Burela