A Xunta de Goberno local deste concello, en sesión celebrada o 15 de abril de 2011, acordou aprobar a convocatoria e as bases reguladoras para a cobertura das prazas vacantes que se sinalan a continuación, incluídas na oferta de emprego público para o ano 2011, aprobada pola Resolución da Alcaldía do 10 de marzo de 2011 e publicada no DOG nº 70, do 8 de abril de 2011:
– Persoal funcionario:
Grupo segundo artigo 76 e disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril: C2.
Clasificación: escala de administración xeral, subescala auxiliar.
Denominación: auxiliar administrativo.
Número de vacantes: 2.
Forma de provisión: oposición libre.
– Persoal laboral:
Grupo segundo o convenio colectivo: C1.
Clasificación: escala de administración especial.
Categoría: técnico auxiliar.
Denominación: administrativo-delineante.
Número de vacantes: 1.
Forma de provisión: oposición libre.
Deste modo, establécese un prazo de vinte días naturais para a presentación de instancias, prazo que comezará a contar desde a inserción do anuncio correspondente no Boletín Oficial del Estado.
As bases atópanse publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra n.º 84, do 3 de maio de 2011, e corrección de erros nos números 98 e 151, do 24 de maio e 8 de agosto de 2011.
A Illa de Arousa, 9 de agosto de 2011.
José Manuel Vázquez Vázquez
Alcalde