Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 1 de setembro de 2011 Páx. 26131

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2011, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala técnica de estatísticos, pola que se dá publicidade de diversos acordos referentes ao segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 17 de agosto de 2011, o tribunal designado pola Orde do 11 de maio de 2011 (DOG nº. 95, do 18 de maio), e modificado pola Orde do 27 de maio de 2011 (DOG nº. 107, do 6 de xuño), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala técnica de estatísticos, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Que, de conformidade co disposto na base II.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de corenta (40) puntos.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala técnica de estatísticos, na Escola Galega de Administración Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, na páxina web do Instituto Galego de Estatística (www.ige.eu) e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións no prazo de 10 días contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2011.

Rosa E. Fernández González
Presidenta do tribunal