Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 1 de setembro de 2011 Páx. 26139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 24 de agosto de 2011 polo que se lle notifica a María Isabel Vázquez Rodríguez a proposta de resolución no procedemento incoado por Resolución do 18 de marzo de 2011, da secretaria xeral técnica e do Patrimonio desta consellería e a interrupción do cómputo do prazo para resolvelo.

O 18 de marzo de 2011 a secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda acordou a incoación de expediente disciplinario a María Isabel Vázquez Rodríguez, funcionaria do corpo administrativo, subgrupo C1. Mediante carta certificada e con xustificante de recepción intentouse, por dúas veces, a notificación da proposta de resolución. De conformidade co previsto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede realizar notificación da proposta de resolución no dito expediente por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do seu último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia. En virtude disto, mediante este anuncio, procédese á citarlle para a notificación da proposta de resolución.

Visto o tempo consumido nos intentos de notificación, dándose o suposto previsto no artigo 44.2.º da Lei 30/1992, interrómpese o cómputo do prazo para resolver e notificar a resolución do procedemento.

Citación para notificación da proposta de resolución do expediente disciplinario e da interrupción do cómputo do prazo para resolvelo.

Por acordo da secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia do 18 de marzo de 2011 incoouse procedemento disciplinario a María Isabel Vázquez Rodríguez, funcionaria do corpo administrativo, subgrupo C1. No dito acordo designouse como funcionaria instrutora a Ana María de Frutos Martínez.

De acordo co disposto no artigo 27.º do Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 94/1991, do 20 de marzo, cítase a María Isabel Vázquez Rodríguez, funcionaria do corpo administrativo, subgrupo C1, para que compareza no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a notificación da proposta de resolución do procedemento disciplinario nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, na Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, no edificio administrativo n.º 3, en San Caetano, Santiago de Compostela, co fin de que, no prazo de 10 días seguintes á notificación, alegue ante a instrutora o que considere pertinente para a súa defensa.

Visto o tempo consumido nos intentos de notificación, dándose o suposto de paralización do procedemento por causa imputable á interesada previsto no artigo 44.2.º da Lei 30/1992, interrómpese o cómputo do prazo para resolver este procedemento disciplinario desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o día que a inculpada formule as alegacións ou transcorra o prazo sen facelo.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2011.

Ana María de Frutos Martínez
Funcionaria instrutora