Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 15 de setembro de 2011 Páx. 27164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación da resolución dos expedientes sancionadores por infracción en materia de espectáculos públicos (63/11 NL e 67/11 NL).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes de multa por infraccións en materia de espectáculos públicos cuxo número se cita no anexo.

Contra esta resolución poderá interpor o interesado recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírteselle que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no dito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Caixa Galicia, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 30 de agosto de 2011.

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º de expte.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

Martín Pardellas Alonso

36087343-K

PO-63/11 NL

Artigo 23-e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Tomiño, 1, 3.º A, 36209 Vigo

Multa de 600 €

Beatriz Estévez Martínez

36106467-D

PO-67/11 NL

Artigo 23-e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Zaragoza, 28, 1.º B, 36203 Vigo

Multa de 1.500 € e 1 mes de suspensión da licenza municipal de apertura