Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 15 de setembro de 2011 Páx. 27139

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2011, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se lle dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola, e se convocan para o ano 2011.

De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, no artigo 78.8 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no artigo 11 da Orde do 13 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola e se convocan para o ano 2011, procédese mediante esta resolución á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería do Medio Rural ao abeiro da Orde do 13 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola e se convocan para o ano 2011.

Deste xeito, cómpre sinalar, polo que atinxe ás axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, o seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 13 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola e se convocan para o ano 2011.

b) Aplicación orzamentaria: 13.06.541B.781.0.

c) Crédito orzamentario: 50.000 €.

d) Destinatarios: sociedades ou asociacións que teñan o nomeamento de entidade colaboradora, de conformidade co disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e no Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

e) Finalidade das axudas: vixilancia de tramos de pesca.

f) Entidades beneficiarias e importe das axudas:

Beneficiario

CIF

Importe axuda (€)

Asoc. de Pescadores da Ulloa

G-27245752

3.692,31

Sociedad de Caza y Pesca de Lalín

G-36005619

4.973,36

Sociedad de Caza Verdeseixo Ponte Caldelas

G-36110500

2.400,00

Sociedad de Caza y Pesca de Cotobade

G-36055473

2.400,00

Sociedad de Caza y Pesca de Silleda

G-36050474

3.230,77

Sociedad de Caza Coto de Laxe

G-36362424

2.326,15

Sociedad Deportiva Río Ulla

G-36008431

5.253,69

Sociedad de Caza y Pesca de Forcarei

G-36036762

1.440,00

La Venatoria de Santiago

G-15032659

1.800,00

Asoc. Deportiva de Pesca Santa Comba-Xallas

G-15878408

554,10

Sociedad de Pesca Río Mandeo

G-15650740

4.200,00

Club de Caza y Pesca Os Labercos

G-15278484

1.825,00

Sociedad de Caza y Pesca Azor

G-15062920

3.600,00

Club de Pesca Deportiva Londra

G-15908148

2.003,08

Sociedad de Pesca Río Viñao

G-32181679

2.640,00

Sociedad de Pesca Alaricana

G32102089

1.430,77

Sociedad de Pesca Deportiva Arenteiro

G-32113714

4.800,00

Sociedade Deportiva de Pesca Pontegrande

G-32180416

1.430,77

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2011.

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza