Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 15 de setembro de 2011 Páx. 27160

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición das clases de farmacéuticos inspectores de saúde pública, inspectores farmacéuticos, inspectores médicos e subinspectores sanitarios ao servizo da comunidade autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, así como a relación definitiva de aspirantes exentos e non exentos do exercicio de lingua galega.

Por resolución deste centro directivo do 22 de xuño de 2011 (DOG n.º 130, do 7 de xullo), da Dirección de Recursos Humanos, decláranse, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición das clases de farmacéuticos inspectores de saúde pública, inspectores farmacéuticos, inspectores médicos e subinspectores sanitarios ao servizo da comunidade autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, así como a relación provisional de aspirantes exentos e non exentos do exercicio de lingua galega.

Rematado o prazo previsto para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión, ou non exención do exercicio de lingua galega, procede agora, de conformidade co disposto no número 4 da base cuarta da convocatoria, ditar resolución pola que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos, e exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, sinalando os lugares onde poder ser examinadas.

Por todo isto, esta dirección

ACORDA:

Primeiro. Publicar as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición convocado pola resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 27 de xullo de 2010 (DOG n.º 149, do 5 de agosto), das clases de farmacéuticos inspectores de saúde pública, inspectores farmacéuticos, inspectores médicos e subinspectores sanitarios ao servizo da comunidade autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, así como a relación definitiva de aspirantes exentos e non exentos do exercicio de lingua galega.

Segundo. As listas coa relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, así como a relación definitiva de exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, poderán examinarse nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, nos dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servizo Galego de Saúde e na páxina web (www.sergas.es).

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2011.

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos