Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 15 de setembro de 2011 Páx. 27190

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia, S.A.)

ANUNCIO de demanda de financiamento.

A demanda de financiamento axustarase aos seguintes termos:

  • Modalidade: préstamo.
  • Importe: ata 44.921.086,74 euros, cun mínimo de oferta de 5.000.000 de euros (nun ou en varios tramos).
  • Período de disposición: ata o 31 de decembro de 2011 nunha ou en varias disposicións.
  • Moeda: euros.
  • Modalidades:

Opción A: tipo de xuro variable referenciado a euríbor a 3 meses.

Prazo: 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

Liquidacións de xuros e amortizacións: trimestrais.

Opción B: tipo de xuro fixo referenciado ao tipo de oferta do IRS a prazo de 6 anos.

Prazo: 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

Liquidacións de xuros e amortizacións: trimestrais.

Opción C: calquera estrutura que a entidade financeira considere que pode ser de interese para SPI-Galicia, S.A.

Prazo: 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

(SPI-Galicia, S.A. resérvase, en función dos importes e das condicións financeiras ofertadas, o dereito a optar por calquera das 3 opcións, calquera combinación entre elas ou incluso declarar deserta a adxudicación).

  • Garantías: as que deriven do Convenio marco e do PEF global de 2011 aprobado polo Consello da Xunta do 31 de marzo de 2011. O contrato que se asine poderá incluír dentro das causas de vencemento anticipado a modificación substancial do accionariado de SPI Galicia, S.A.

Presentación de ofertas:

As ofertas dirixiranse en sobre pechado á atención do presidente da SPI-Galicia, S.A., praza de Europa, 10 A-5.º, 15707 Santiago de Compostela, facendo constar nel, na marxe superior esquerda, o seguinte:

«Oferta préstamo setembro 2011».

Prazo de presentación de ofertas:

As ofertas deberán presentarse antes das 12 horas do día 28 de setembro de 2011 no Rexistro da SPI Galicia, S.A.

O/os mandato/s será/n outorgado/s no prazo máximo de 8 días, contados desde a finalización do período de presentación de ofertas.

É intención desta entidade pública da comunidade autónoma que a operación se asine sen a intervención de fedatario público. No clausulado do contrato que se vai formalizar poderase incluír a obriga de elevar a público o documento no suposto de que algunha das partes e asumindo o seu custo o requira. Non obstante, se a entidade financeira considera a necesidade de que a operación de endebedamento se asine ante o mencionado fedatario, deberá facerse cargo do gasto correspondente.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2011.

Ethel M.ª Vázquez Mourelle
Presidenta da SPI-Galicia, S.A.